24/11/2010

A praia



Onte os nenos e nenas de 2º fomos á praia da Xunqueira.Tiñamos que pintar a praia, e facía un día tan bo, que alá fomos coas nosas pinturas e carpetas, a traballar a praia.


Igoal que os artistas de verdade!!


Os nosos traballos van servir para ilustrar un calendario.

Cada curso pinta unha cousa propia de Moaña, e nós tocounos a praia.

18/11/2010

Carta de Paco para 1º curso

QUERIDOS AMIGOS E AMIGAS DE PRIMEIRO:

Levo xa nove anos na biblioteca do voso cole e aínda non me ensinastes como é o pobo onde vivimos.

Este ano gustaríame coñecer un pouco máis de Moaña,onde está, como se chaman os seus ríos, as praias, as festas, en que traballan as súas xentes...

SABEDES QUE 2010 É O ANO INTERNACIONAL DA AUGA?


Gustaríame saber que se pode facer coa auga ademais de usala para a hixiene e a alimentación.
Podedes dicirme para que usan a auga os muíños?Por certo,
ten algo que ver muíño e muiñeira?



Espero as vosas respostas!



Para buscar a información, na biblioteca escolar, ou na páxina de recursos:

Carta de Paco para 2º curso

QUERIDOS AMIGOS E AMIGAS DE SEGUNDO:

Levo xa nove anos na biblioteca do voso cole e aínda non me ensinastes como é o pobo onde vivimos.

Este ano gustaríame coñecer un pouco máis de Moaña,onde está, como se chaman os seus ríos, as praias, as festas, en que traballan as súas xentes...

SABEDES QUE 2010 É O ANO INTERNACIONAL DA AUGA?


Gustaríame saber se en Moaña hai moitos ou poucos muíños,como se chaman, por onde están situados.
Podedes facerme un mapa,
para que eu os vexa?


Espero as vosas respostas!


Para buscar a información, na biblioteca escolar, ou na páxina de recursos:

10/11/2010

Xoga

Como xa sabedes, estamos no outono.

E unha estacíon estupenda para fotografiar, debuxar, escribir poemas...

Vos animamos a que fagades debuxos, contos e poemas.



Pero mentras non chega a inspiración, aquí tedes unha páxina para xogar un pouco:

educastur

01/11/2010

Biblioteca de aula

Na semana das bibliotecas escolares, preparamos a nosa biblioteca de aula para recibir a visita dos nenos e nenas das outras clases.
Recibimos aos golfiños, de 6º de Infantil e lémoslle un poema da lúa:



A Lúa
ten nomes
nas palmas
das mans.

Ten meles
e soles
nas ondas
nos sons.


A Lúa
pasota
non toma
limón.

Ten meles
e soles
nas ondas,
nos sons.
As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas