31/01/2014

Os bulbos de 1º

Neste 2º trimestre seguimos observando día a día o crecemento dos bulbos de xacinto que plantamos en novembro. Para nós medraron moito. Pero, cando visitamos a aula de 2º levamos unha sorpresa enorme: os seus bulbos estaban grandísimos e tiñan flor. Falamos entre todos e vimos que a nosa aula está na parte de atrás do colexio e recibe menos sol ca de 2º, que está na parte de adiante.

As fotos mostran a diferencia:






 Os nosos bulbos





Os bulbos de 2º







Nós seguimos observando día a día e regándoos e mirade o que xa medraron unha semana despois.





Nos primeiros días de febreiro estaban así de grandes e olorosos. Comprobamos que un era de cor violeta escuro.




Quixemos saber como estaban os bulbos de 2º e fomos darlles unha visita. Os seus están empezando a secar.

Os nosos
Os de 2º

Nós seguimos coidando os nosos xacintos.  No mes de marzo acabaron por nacer todos e comprobamos que un era branco e os outros dous eran morados.



Pasaron os días e empezaron a secar. Cando sequen de todo imos gardalos para plantalos o curso que ven.




Chegou o mes de abril e os bulbos están todos secos. Cortámoslles as follas , desenterramos as cebolas, limpámolas de terra e gardámolas nunha caixa ata o curso que vén.










28/01/2014

Contos para ver e ler

Deixamos no menú lateral un novo enlace "Contos para ver e ler". Para ver e gozar con contos que nos gustan moito.
Aquí temos un dos vídeos.

23/01/2014

As plantas

Co proxecto das plantas imos visitar algunhas páxinas web que nos axudarán a facilitar a nosa tarefa:

Partes dunha planta

Crecemento dunha planta

Alimentación dunha planta   

Partes dunha flor

Vídeo do crecemento dunha planta:

A Paz

21/01/2014

As mandalas da paz



Nas clases imos facer mandalas, que son representacións simbólicas utilizadas en Oriente. Pasarémolo moi ben combinando as cores e coloreando!.
Se queredes máis mandalas para imprimir e colorear aquí. ´
Aquí tedes un pouco máis fáciles, para os máis pequenos do cole.

Gozade agora co vídeo:


Sumas e restas

Para practicar as sumas e restas tanto con levadas como sen elas, pinchamos na seguinte páxina e descargamos o programa LIM co título SUMAS  e co título RESTAS:

https://sites.google.com/site/matesdivertidas/descargas 
As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas