21/06/2015

O cacho de San Xoan en 2º

Despois de aprender a coñecer as herbas aromáticas decidimos facer o cacho de San Xoán para que toda a clase soubera o que era porque moitos non sabían del. A víspera de San Xoán (23 de xuño) métense en auga as plantas aromáticas que haxa cerca e déixanse toda a noite a coller o rocío para pola mañá lavar a cara coa mestura de aromas metida na auga. Nós fixémolo a víspera de fin de curso. Antes de marchar de excursión a Meira deixamos as plantas na auga: anís, herbaluisa, chopo, xeranio, herba de San Xoan, menta, herbalimona, lavanda e unha flor de gardenia adornando tanto verde. Cando chegamos a clase ao día seguinte cheiraba que daba gusto. Non paramos de mollar a cara e os brazos en toda a mañá porque como había tanta calor, refrescábanos!
O cacho ten diferentes nomes no resto de Galicia. Un dos nomes máis coñecidos é o de cacherela. A profe Adela é de Nigrán (preto de Vigo) e alí chámanlle auga de rosas e auga de San Xoan.

Aí van unhas fotos!










18/06/2015

Despedida de 2º

A clase de 2º quere despedirse do curso e comeza cunha fotografía no patio de Infantil tomada despois de ir á horta.




Estas son as frases que queremos poñer:  

"Foi moi divertido estar en 2º."
"Encantoume estar en 2º coas miñas compañeiras e compañeiros e coa profe María."
"Aprendemos moito máis do que cremos."
"Estudamos moito e é unha pena irse."
"Xa te estou botando de menos."
"Adeus 2º botareite moito de menos."

A profe María desexa que o pasedes moi ben no verán, que descansedes, que non vos poñades nerviosos polo novo curso e que non vos esquezades de ler todos os días un pouquiño e, por certo, lembrade o dito popular:
Para gustos píntanse colores.

Un saúdo

Fin de curso en Meira

O xoves, 18 de xuño, celebramos a fin de curso indo de excursión todo o colexio á Xunqueira e ao parque de Meira. A clase de 2º compartiu os xogos con 1º e debaixo están as fotos.


1º ás portas das vacacións.

Pois aquí nos tedes celebrando a excursión de fin de curso.

Con todo o que traballamos, o merecemos moito.

Ao comenzo todos estabamos un pouquiño nerviosos por como iría o cambio, pero como podedes ver, foi todo moi ben, polo menos a profe di que está encantada con todos.

Nós imos seguir aquí columpiándonos mentres vos desexamos un feliz verano, cheo de días de sol, praia e risas.



O FRAUTISTA DE HAMELÍN


Ola familias, non queremos marchar sen agradecer a visita que nos fixo Fran a nosa clase para contarnos o conto do frautista de Hamelín. 

Por certo, unha versión cun final inventado por él e moi interesante, pois, grazas ás habilidades deste músico, a cidade consegue liberarse de todos aqueles que a gobernan mal.

Moitas gracias Fran pola túa historia, pola túa simpatía e, por suposto, polas túas moedas de chocolate!





17/06/2015

Diario da plantación

En 2º levamos un diario da plantación de leitugas e calabacín na horta escolar. Este é o álbum de fotos.


A froita na escola

A clase de 2º participou co resto do colexio no programa " Aliméntate " e así tivemos de merenda distintas froitas ao longo de 4 semanas. Comemos mazás, amorodos, laranxas, plátanos, peras, melocotóns, peladillos, nísperos, cereixas e albaricoques. Ao final falamos da froita que máis gustou e foron os amorodos. Os nísperos e os albaricoques case ninguén as coñecía e, polo tanto, foron probadas por 1ª vez e gustaron. A maioría dos nenos e nenas probaron todas as froitas. Moi poucos quedaron sen probar algunha e houbo moitos que repetiron o que quixeron pois encántalles a froita.
Fixemos matemáticas para repartir os albaricoques, as cereixas e os peladillos. Tiñamos que averiguar por grupos a froita que tiñamos, cantos eramos e canto nos tocaba a cada un por igual e sen que sobrara. Despois, podiamos repetir porque algúns non comían toda a que lle tocaba e había un fondo de reserva. As repeticións facíamolas despois do recreo e repoñiamos forzas para seguir a clase. Tamén levamos conta das semanas desde o principio cubrindo unha folla cos datos que tiñamos. 










15/06/2015

Miña nai é fantástica

Aqui temos o vídeo cos textos do traballo de Educación Emocional en 1º "Miña nai é fantástica":

14/06/2015

As plantas aromáticas

En 2º aprendemos a coñecer as plantas aromáticas que hai preto de nós. Algúns nenos e nenas levamos a clase algunhas e aprendemos toda a clase os seus nomes, o seu aroma, como son, para que se utilizan. Algúns nomes son a valeriana, o loureiro, o poenso, o hortelán, o pirixel, a herbaluísa, o ourego e moitas máis. Como tiñamos tantas plantas na aula decidimos facer un mural con elas e acompañalo dos nosos debuxos.
A profe sacou estas fotografías que ilustran parte do traballo.


11/06/2015

2º coñece as plantas do patio

Na clase de 2º estamos dedicámoslle moito tempo a estudar o tema " As plantas ". Unha das actividades que fixemos foi dar unha clase no patio do colexio para coñecer un pouco as plantas que vemos todos os días e nas que non nos fixamos moito. Coas fotos saíu este albume Picasa.


08/06/2015

Agora contamos nós en 2º

En 2º dedicamos moitas sesións da " Hora de ler" a aprender a contar e ler contos ao resto da clase. A profe gravounos e agora temos unha película de recordo.




As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas