25 de nov. de 2016

2º TRABALLA A FELICITACIÓN DE NADAL CUN CÓMIC!!!

OS NENOS E NENAS DE 2º CURSO ESTÁN A TRABALLAR COA APLICACIÓN PARA IPAD STRIP DESIGN. SERVE PARA FACER CÓMIC. O TEMA ELIXIDO FOI O NADAL. XA VEREDES QUE BEN LLES VAI QUEDAR!!!!





1º TRABALLA SOBRE A POSTAL DE NADAL

OS NENOS E NENAS DE 1º XA ESTÁN A PINTAR A POSTAL DE NADAL. USAN O PROGRAMA PAINT E, AÍNDA QUE LLES PARECE COMPLICADO, AO FINAL SAIRÁN UNHAS VERDADEIRAS FERMOSURAS DE POSTAIS. XA AS VEREDES!!!!



Día Internacional pola Eliminación da violencia contra as mulleres

Toda esta semana dedicamos o tempo dos contos a ler algúns que nos axudan a pensar e a falar.
Hoxe, 25 de novembro fixemos un mural sobre o Día Internacional pola Eliminación da violencia contra as mulleres. Quedounos así:
Ademais falamos do que era "VIOLENCIA" e estas son algunhas das opinión do grupo.
- "Violencia é pegar"
-"Violencia é matar"
- "Violencia é clavar cuchillos"
-"Violencia é berrar"
-"Violencia é empuxar"
-"Violencia é non respectar"
-"Violencia é obrigar"
-"Violencia é facer dano"
-"Violencia é facer guerra"
-"Violencia é lastimar"
-"Violencia é dar patadas"
-"Violencia é empuxar berrando e dicir catro palabrotas"



24 de nov. de 2016

Unha feliz catástrofe

Deixámosvos uns contiños que axudan a pensar . En primeiro lugar unha feliz catástrofe, de Adela Turín e Nella Bosnia , publicado na Ed. KalandraKa, e anteriomente en Lumen.


21 de nov. de 2016

Samaín en segundo curso de primaria.

Os nenos e nenas de segundo curso de primaria colaboramos creando un ambiente terrorífico na escola!
Cos esqueletos,
Coas meigas,
e sobre todo coas nosas cabazas!

Velaquí unha pequena presentación fotográfica.

video

18 de nov. de 2016

TOONTASTIC NAS AULAS DE 1º E 2º DE PRIMARIA

Nas sesións de Tic's das semanas anteriores, os nenos e nenas de 1º e 2º estiveron probando o programa Toontastic para facer pelis no Ipad. Permite elixir escenarios, personaxes, poñer voz e ata animación!!! 
É moi motivante para eles, polo que seguiremos traballando para que poidan chegar a craer eles a súa propia película....



14 de nov. de 2016

O MAGOSTO

10 de nov. de 2016

Conto "El gusanito"


Un dos contos favoritos dos nenos e nenas que ademáis de divertido nos axuda a gañar mobilidade coa lingua. É fantástico!!

3 de nov. de 2016

INFORMACIÓN XERAL SOBRE A ESTIMULACIÓN DA LINGUAXE ORAL



¿CÓMO PODEMOS ESTIMULAR  A LINGUAXE DOS NOSOS NENOS E NENAS?




Cousas importantes que temos que saber

A linguaxe é un dos aspectos fundamentais para desenvolver o noso pensamento e para comprender o mundo que nos rodea 

Os adultos somos os referentes lingüísticos dos cativos e cativas, temos que ser conscientes da nosa gran influencia sobre eles 

A adquisición completa dos fonemas culmina ao arredor dos sete anos. Cada neno e nena segue o seu propio ritmo para acadalos.

                                                        ¿QUÉ TEMOS QUE EVITAR?


-         Non empregar palabras infantís como por exemplo: guaguau. Os nenos e nenas aprenden por imitación polo que é importante ofrecerlles o modelo correcto.
-         Non empregar chupete xa que pode modificar a súa anatomía orofacial.
-     Non corrixir os erros de fala do rapaz ou rapaza pero ofrecer inmediatamente o modelo correcto.
-         Non obsesionarse coas dificultades na fala porque a ansiedade transmítese aos nenos e nenas.







                                 ¿Cómo podemos estimular a linguaxe na casa?


Dedicando un tempo diario para falar co neno e darlle tempo suficiente para que se exprese.

Favorecer unha mastigación e deglución acorde coa súa idade axudará na motricidade e mobilidade dos órganos bucofonatorios.  

Realizar xogos lingüísticos como: palabras encadeadas, veo-veo, chistes e adiviñas, formación de palabras a partir letras, ...

É moi útil empregar xoguetes de sopro  para gañar en intensidade e control tales como: palliñas, mini-instrumentos de vento, matasuegras, pompeiros, carreiras de algodón... 

Aproveitar o lavado de dentes para facer gárgaras, traspasar liquido dun vaso o lavabo, facer masaxe na lingua co cepillo, facer muecas diante do espello, empañalo espello mediante a respiración, etc.

Para exercitar a mobilidade da lingua, beizos e mandíbula podemos empregar recursos de youtube sobre praxias como os que se recomendarán neste blog.








As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas