24 de mar. de 2017

Chocolate

Este é un poema moi saboroso que compuxo Pedro para todos nós:

Gloria Fuertes en 1º

Tamén nos gusta Gloria Fuertes, Aitana recitou un pareado sobre a poesía:

A primavera

Hoxe un poema sobre a primavera, de Alejandra martínez na voz de Antía:

22 de mar. de 2017

De Rosalía pequeniña,Xan

Rosalía é a nosa poeta preferida. Non paramos de recitar os seus poemas. Darío tróuxonos un poema que está musicado no libro "Rosalía pequeniña"

21 de mar. de 2017

Poema "Os meses"

Ari recitounos un poema lindísimo de Santiago Freire, do seu libro Martingadas " Os meses" :

20 de mar. de 2017

Adiós ríos

Adiós ríos, adiós fontes;
adiós regatos pequenos;
adiós vista dos meus ollos:
non sei cando nos veremos.

Este poema de Rosalía de Castro recitounos Mara:

18 de mar. de 2017

Máis material de refugallo en Educación Física

Nesta sesión, empregamos neumáticos!!!




16 de mar. de 2017

Teño tres pitas

Rosalía de Castro , no seu libro "Follas Novas" escribiu este fermoso poema que trouxo Mario:

15 de mar. de 2017

Visita a Aula de Instrumentos Tradicionais de Moaña

Xavier Blanco ensinounos un monte de músicas que se poden facer con cunchas,froitos e canas:

14 de mar. de 2017

Como se dibuja a un niño

Gloria Fuertes visitou a clase de 1º na voz de Jaime e o seu poema "Como se dibuja un niño":

É fermoso ser o vento

Martiño tróuxonos un poema de Antonio García Teijeiro, do  libro  "Trozos, trazos e retrincos":
É fermoso 
ser o vento
e correr, correr, correr.

É fermoso 
ser a nube
e chover, chover, chover.

É fermoso 
ser paxaro
e volver, volver, volver.

É fermoso
ser araña
e tecer, tecer, tecer.

13 de mar. de 2017

O meu barco

Comezan os recitados en 1º!!
Foi Irene quen comezou cos recitados de poemas.Trouxonos un fermoso poema de Manuel María:
                                                                       O MEU BARCO
Teño un barco de xoguete
e nel me quero embarcar.
Polos mares dos meus soños
quen me verá navegar!

Navegarei por mil ríos
sete mares hei cruzar.
No meu barco de xoguete
cansarei de viaxar!

No meu barco de xoguete,
mariñeiro e capitán...!
Non teño medo ó trebón
nin me asusta o furacán!

O meu barco de xoguete!
O meu barco moito val:
verei terras, verei illas,
verei mares de coral...!

Andei tódolos mares!
Xa cansei de navegar
co meu barco de xoguete
sen saír do meu fogar!

10 de mar. de 2017

DÍA DA ÁRBORE

Aquí vos deixamos unhas fotos e un pequeno texto feito por Iván da nosa saída ao Mirador dos Parentes para festexar o Día da árbore.




 

9 de mar. de 2017

MATERIAL DE REFUGALLO NAS SESIÓNS DE EDUCACIÓN FÍSICA

Os nenos e nenas de 1º e 2º estamos a traballar con material reciclado nas sesións de Educación Física. Entre outros, usamos latas de refresco. Mirade que ben o pasamos.




XOGAMOS CON MATERIAL DE REFUGALLO NA AULA DE 1º

Estos días, en Educación Física, estamos a traballar con material reciclado. Esta vez usamos xornais e pasámolo xenial!!!


5 de mar. de 2017

ENTROIDO 2017

AQUÍ TEDES UN AMPLO RESUMO DO BEN QUE O PASAMOS NO ENTROIDO DE QUINTELA: MERENDAMOS AS SOBREMESAS TÍPICAS DE ENTROIDO, CANTAMOS AS COPLAS, DESFILAMOS ARREDOR DO COLE E PARTICIPAMOS NO ENTERRO DA XOUBIÑA. PASÁMOLO XENIAL!!!




As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas