25 de nov. de 2020

Plantamos Xacintos

 Os nenos e as nenas de segundo saímos ao patio para desfrutar do bo tempo e para levar as mans á... Terra!

Este ano plantamos xacintos, cada un escolleu a cor que máis lle gustou. Agora só temos que agardar a que medren!


Lois, Liah, Zaira, Pablo y Enzo Menduiña.

    Carmen, Valeria,  Enzo Gomez y Aroa.

Nahara, Ivanna, Aitor y  Iago.

Lucas, Uxia, Nicolas y Oscar.


24 de nov. de 2020

Decímosvolo nós!

Hoxe queremos presentarvos Radio Quintela. Dende os estudios desta emisora gravaremos o noso novo programa titulado Decímosvolo nós
Esperamos que vos guste moito!




 

20 de nov. de 2020

DIGICRAFT NO TEU COLE. VISITAMOS UN MUSEO VIRTUAL EN 1º E 2º

 Os nenos e nenas visitaron o museo Carmen Thyssen (Málaga) para buscar as cores perdidas dos cadros que lles demos. Tiñan que buscalos polos distintos espazos do museo e así, devolverlle a cor aos mesmos, pintándoos eles mesmos.

Estivo moi entretida esta actividade.





13 de nov. de 2020

DIGICRAFT NO TEU COLE. CONCEPTO DE NETIQUETA EN 1º E 2º

 Nesta sesión, os nenos e nenas de 1º e 2º aprenderon sobre o concepto de netiqueta, que quere dicir, comportamentos e regras que temos que cumprir como usuarios de tecnoloxía.

Fixéronno a traves de distintos xogos. 

Gustoulles moito!




10 de nov. de 2020

Visitamos a estación meteorolóxica

 Estam semana, os nenos e as nenas de segundo fomos visitar a estación meteorolóxica.

Alí vimos o termómetro que se emprega para rexistrar as tempetaturas e máis o pluviómetro.

Aquí vos deixamos algunhas fotos.



6 de nov. de 2020

DIGICRAFT NO TEU COLE. VIDEOXOGO CON SCRATCH EN 1º E 2º


 Os nenos e nenas de 1º e 2º xogaron a un xogo no cal tiñan que obter (cun moneco ou debuxo feito por eles e colocado no lapis) premios e esquivar un obstáculo (debuxado por eles) na aplicación Scratch.

Estivo moi entretido!


4 de nov. de 2020

Samaín de segundo

 Velaquí un pequeno vídeo da nosa visita a exposición de cabazas do samaín:




3 de nov. de 2020

Meteoquintela en 1º

 Todas as mañás, os nenos e as nenas de primeiro anotamos nas nosas axendas o estado do ceo. 

Para facelo temos que fixarnos nas anotacións que fan os maiores.

Esta mañá visitamos a nosa estación meteorolóxica.




O noso Samaín

 Ola familias, aquí vos deixamos as imaxes das nosas cabazas de Samaín.






2 de nov. de 2020

REALIDADE AUMENTADA NA AULA DE 1° CO QUIVER

Os nenos e nenas de 1º fixeron maxia na súa aula. Pintaron uns debuxos de cabazas e, ao enfocalos coa aplicación Quiver, as cabazas proxectáronse en realidade aumentada e bailaron!

Gustoulles moitísimo!




As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas