Os nenos e as nenas de segundo volven ao estudio de radio para parolar un anaquiño e recordarnos que temos unhas fermosas palabras para falar deste tempo tan bonito que chega, a primavera!
Esperamos que vos guste!

Ola, aquí vos deixamos unha pequena mostra da saída que fixemos a clase de 1º á praia do Con, coas profes Elisa e Inés.
Foi unha xornada fantástica na que puidemos disfrutar do xogo ao aire libre con toda a praia para nós.
De volta puidemos visitar a clínica veterinaria onde curaron ao gatiño que atopamos no colexio. Tamén nos atopamos coa mascota de Naima.
Pasámolo fenomenal!
A clase de 1º visitamos hoxe, na biblioteca, a exposición "Mulleres pioneiras" realizada por todas as clases con motivo da celebración do 8M.
Puidemos ver entre elas á nosa alcaldesa e a unha astronauta, científica, unha muller piloto, unha deportista, unha matemática, informática, escritoras e mulleres dedicadas á música.