28 de nov. de 2012
Os contos de ratiños gustáronnos
Xa rematamos de ler contos de ratiños na clase de segundo. Cada un escolleu o que máis lle gustou:
20 de nov. de 2012
Xogando cos aros
Na clase de E.F. de hoxe fixemos unha sesión de xogos utilizando un único material: os aros. A través deles fixemos desprazamentos, lanzamentos, exercicios de coordinación, etc... e de maneira moi divertida!
13 de nov. de 2012
11 de nov. de 2012
O magosto
O xoves 8 de novembro celebramos o magosto no cole. Asamos as castañas, comémolas, xogamos, emborrallámonos e pasámolo en grande.
9 de nov. de 2012
8 de nov. de 2012
Os nosos traballos ....
A web da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia publica unha entrada que titula "Outono de Ciencia"
Nesa páxina recolle cinco traballos do noso colexio, tres deles son do curso pasado na clase de primeiro:

Profe, para que serven as matemáticas?
O día e a noite
Proxecto animais
Nesa páxina recolle cinco traballos do noso colexio, tres deles son do curso pasado na clase de primeiro:

Profe, para que serven as matemáticas?
O día e a noite
Proxecto animais
7 de nov. de 2012
6 de nov. de 2012
Os bolechas na tele
O programa cos monicreques dos bolechas fixo un mes na programación da TVG. No enlace pódese acceder aos vídeos dos programas pasados, esperando a que pase o anuncio inicial ( inexplicablemente as máis das veces en castelán).Este é o horario no que se poden ver:
e este é o vídeo promocional:
4 de nov. de 2012
Poñede título á noticia
DE 1º!:
GUSTOUVOS A
EXPOSICIÓN?
OBSERVADE
A FOTO DO AFUNDIMENTO DO PRESTIGE.
1 de nov. de 2012
Exposición de cabazas
Intentando recuperar a tradición do tallado de cabazas para os cativos e cativas, este ano volvemos a organizar unha exposición de cabazas talladas polas familias de Quintela. A particiación foi extraordinaria e a exposición resultou impresionante. Temos que destacar ademais a entrega e a orixinalidade coa que participaron todas as familias , un feito que enorgullece ao alumnado e que o profesorado non deixa sen agradecer.
