Os Reis Magos viñeron visitarnos o martes ao cole. Démoslle a nosa carta, cantámoslle unha panxoliña e eles trouxéronnos uns agasallos.
24 de dec. de 2020
22 de dec. de 2020
Felicitación de Nadal de segundo
Os nenos e as nenas de segundo fixeron este fermoso traballo para desexarnos unhas felices festas.
Felicitación de Nadal da clase de primeiro
A clase de primeiro dedícavos esta felicitación con moito agarimo esperando que todos e todas teñamos un feliz Nadal
21 de dec. de 2020
Decímosvolo nós!
Hoxe presentámosvos a última edición do noso programa Decímosvolo nós!
Chegou o momento de falar de todas esas cousas que empregamos a diario cando sentamos a comer.
Veredes qué interesante!
17 de dec. de 2020
PLANTAMOS OS XACINTOS
Hoxe o alumnado de 1º de primaria plantos os bulbos dos xacintos. Agora toca regar, darlles moito cariño e esperar a que medren!!!
11 de dec. de 2020
Escornabot na aula de 1°
Os nenos e nenas de 1º estiveron estudando o corpo humano, en concreto, os ósos que forman o esqueleto.
Aprenderon moito e así o demostraron no xogo que fixemos cos escornabots, no que lle plantexamos unha cuestión, eles solucionaban levando o robot á resposta correcta e pegando o óso correspondente no esquema que tiñamos posto na parede.
Estivo moi entretida a actividade. Gustoulles moito!

