4 de feb. de 2023

DigiCraft no teu cole. Concepto de netiqueta en 2°

 Nesta sesión, o alumnado aprendeu cal é o comportamento correcto mentres navegamos por internet (concepto de netiqueta) movéndose por un espazo virtual intentando averiguar a identidade dun animal que tiña preocupada a unha aldea co son que emitía. Descubriron que cousas debemos e non debemos publicar a través das redes (fotografías sin permisos, imaxes da nosa vivenda, da rúa na que vivimos, o noso número de teléfono...)

Foi moi interesante todo o que falamos.



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixa aquí os teus comentarios