8 de mar. de 2024

Ciencias da natureza en 1°

 Hoxe, estivemos curioseando sobre como é o noso corpo por dentro. Fixémolo coa camiseta e a aplicación Magic T-Shirt.

Descubrimos que temos costelas que protexen ao corazón, vimos un “guisante” que resulta que é a vesícula, tamén pensamos que os intestinos eran vermes….. En fin…. Aprendemos unha morea de cousas e rimos moito!



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixa aquí os teus comentarios