Na clase de 2° estamos a aprender sobre insectos. As regletas e as matemáticas son quen de axudarnos nesta aprendizaxe. Mirade!
Primeiro ciclo en Quintela
1º e 2º de Primaria
27 de xan. de 2026
23 de xan. de 2026
A horta de 1º
21 de xan. de 2026
Apadriñamento lector
O alumnado de 6º de Primaria participou nos apadriñamentos lectores cos compañeiros de 2º de Primaria. Nesta actividade, os maiores contan historias, axudan a ler e comparten tempo cos máis pequenos.
Os de 2º gozan das historias e os de 6º aprenden a motivar e apoiar aos compañeiros. É unha forma divertida de aprender, compartir e facer novas amizades a través da lectura.
30 de dec. de 2025
Circuitos eléctricos e linguaxe de programación
O alumnado de 1º e 2º de primaria estivo traballando o corpo humano na materia de ciencias. Remataron poñendo un led simulando un corazón na silueta dun corpo humano e tamén xogaron cos ratos robot programando os seus movementos para levalo ata distintos códigos QR e así visualizar videos sobre a parte do corpo correspondente.
Aprenderon moito e, sobre todo, pasáronno xenial.
21 de dec. de 2025
EXPOSICIÓN DOS CANCIÑOS
O alumnado de 6º de infantil investigou este trimestre sobre a súa mascota, "Os canciños". Buscaron información na biblioteca e con todo o recollido e investigado elaborarn un "lapbook" con todo o aprendido.
Unha vez rematado o traballo, compartiron a información cos compañeiros e compañeiras de 1ºP e 4ºP.
19 de dec. de 2025
17 de dec. de 2025
Programación do último día de clase
Aquí temos os carteis coa programación das distintas actividades do venres 19 realizada polo alumnado de 3º de primaria.
Está todo moi ben explicadiño!
15 de dec. de 2025
Obradoiro de Nadal
A semana pasada, tivemos obradoiro de manualidades navideñas para decorar o cole e tamén para levar a casa.
Fixémolo nas horas do recreo e as propostas foron: unha estrela, un círculo con cintas, un boneco de neve ou un reno para deixar decorando os corredores do cole e logo, un marcapáxinas para levar a casa.
O cole quedou fermoso!
11 de dec. de 2025
7 de dec. de 2025
3 de decembro. Día Internacional das Persoas con Diversidade Funcional
No cole, traballamos o Día da Diversidade. O departamento de orientación preparou unha exposición que amosa a realidade para unha persoa con discapacidade cando escoita frases que consideramos "normais" dicir.
Nos cursos de infantil e algúns de primaria, prepararon unha ficha na que cada persoa escribía sobre os seus gustos e logo fixeron un intercambio de puntos de vista sobre o diferentes e diversos que somos.
O que nos quedou claro é que non hai dúas persoas iguais, todos somos diferentes e non por iso somos mellores nin peores.
5 de dec. de 2025
24 de nov. de 2025
ESTACIÓNS DE MATEMÁTICAS 1º
En matemáticas divertímonos aprendendo cos números veciños, as regletas e construíndo torres e cidades 💥😀
20 de nov. de 2025
SEMENTANDO OS NOSOS DEREITOS
Para conmemorar o "Día universal dos dereitos da infancia", os alumnos/as de primaria plantamos unhas sementes de Pensamentos aos que lle atribuímos un dereito. Desta forma recordamos ao alumnado que, ao igual que ás plantas, debemos coidar os seus dereitos todos os días.
19 de nov. de 2025
APADRIÑAMENTO LECTOR
Hoxe os nenos e nenas de 1º desfrutaron dun ratiño de lectura cos seus padriños e madriñas de 5º.
12 de nov. de 2025
O Magosto
O luns celebramos o magosto no cole. Divertímonos moito cos xogos populares (carreiras de sacos, zancos, soga tira...), comemos castañas e tamén un chouripán co que nos agasallou a ANPA, a que queremos agradecer unha vez máis a súa gran axuda e colaboración co centro.
8 de nov. de 2025
Cros Zonal Xogade
1 de nov. de 2025
Samaín
Fermosas as cabazas que prepararon as nenas e nenos para decorar o cole e acender no día do Samaín.
30 de out. de 2025
SAMAÍN
HOXE CELEBRAMOS O SAMAÍN NA ESCOLA 🎃
FIXEMOS UN PERCORRIDO PARA VER AS CABAZAS DOS NOSOS COMPAÑEIROS/AS E O ALUMNADO DE 4º DE PRIMARIA FÍXONOS UNHA PRESENTACIÓN ONDE NOS EXPLICARON A ORIXE DA FESTA DE SAMAÍN.





.jpeg)
.jpeg)




I









