24 de maio de 2013

Matemáticas divertidas

Entra , curiosea, practica, aprende...

22 de maio de 2013

A pintura na clase de segundo

Mirade este cadro. Recordavos algo?
El de Kandinsky , un pintor ruso que facía pintura abstracta, que é a pintura que xoga cos colores e as figuras.
Ao contrario , a pintura realista é a que reproduce escenas , personaxes ou paisaxes da realidade (  como fotografías)

19 de maio de 2013

Nós contamos, eles contan

Os pequenos de 5º de Infantil estiveron ensaiando o conto "Cabeza de cabaza". e quixeron contárnolo aos nenos e nenas de 2º. Saíulles moi ben!!




E despois, nós contámoslle o conto do "Oso atrapabolboretas" ...que lles encantou!



12 de maio de 2013

Letras galegas

Para ir practicando sobre o escritor das Letras Galegas deste ano, temos este xogo do Seminario Galán :

10 de maio de 2013

O señor da serra

En clase de música bailamos un montón! Aquí tendes o vídeo do baile O señor da serra recollido no libro "Para cantar e bailar" de Luis Prego. Encántanos facer o do túnel!!!

3 de maio de 2013

O Oso Atrapabolboretas na Escola de O Con

Os nosos contadores de contos de segundo de Primaria levaron a EEI O Con "O Oso Atrapabolboretas", de OQO. Estaban moi emocionados porque ían ser eles os que contasen , coma cando veñen os rapaces do IES A Paralaia a contarnos a nós. O público foi excelente e eles contaron este precioso conto así de ben:

2 de maio de 2013

A caixa de música

O xoves os nenos e nenas de 1º e 2º fomos a un Concerto da Escola Municipal de Música, titulado "A caixa de música". 
Gustounos moito. Cantamos a canción, que aprenderamos xa con María, a mestra de música.
Aos nenos e nenas de 2º, e algúns de 1º, tocounos sentarnos arriba, onde se sentan os maiores. Estivemos encantados!




1 de maio de 2013

Curiosidades sobre os animais

Na clase de 1º aprenderon un feixe de curiosidades sobre os animais. Hoxe invitaron aos  nenos e nenas de 2º a súa clase, e contaronlle cousas dos caracois, as formigas, os basiliscos, as xirafas, os peixes,....
Tamén lles propuxeron que intentaran adiviñar as respostas correctas a distintas cuestións dos animais. Estivo moi interesante!!!

As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas