27 de feb. de 2018

Día de Rosalía

O alumnado de 6º de Infantil e 1º de Primaria conmemorou o día de Rosalía recitanto o seu poema "Cando era tempo de inverno" .

EDUCACIÓN VIAL EN EDUCACIÓN FÍSICA

Campaña de matrícula para o curso 2018-2019


                 SOLICITUDE DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2018-2019
1 AO 20 DE MARZO
A solicitude de admisión é para:
·      O alumnado que vaia cursar o vindeiro curso 4º de E. Infantil ( nados no ano 2015)
·      Aquel alumnado que queira cursar estudos no noso centro no curso 18/19 (traslado de domicilio, cambio de centro,…)
O alumnado que reservou praza (os nenos e nenas que veñen da EEI de O Con) non teñen que facer solicitude de admisión, a non ser que non houbera praza para todos/as.
Como se fai a solicitude de admisión:
Deberán presentar:
1. Cubrir a solicitude ED550B que poderán recoller na secretaría do noso centro. Debe asinala pai, nai ou titor/a legal. En caso de divorcio, os dous proxenitores. En caso de custodia única, quen teña a patria potestade.
o  Tamén poden cumprimentar a solicitude eles mesmos na aplicación  http://www.edu.xunta.es/admisión alumnado e traernos o código da solicitude que deberán imprimir.
o  Outra opción é descargar a solicitude( ED550B)  en sede electrónica da xunta e traela cuberta.
2. Fotocopia do DNI da persoa solicitante
3. Fotocopia de documento acreditativo da idade do alumno/ao (DNI ou libro de familia )
4. Certificado do anterior centro onde cursou estudos , si é o caso.
5. En caso de separación ou divorcio, convenio regulador do mesmo.

O alumnado que cursa estudos no noso centro NON ten que facer reserva de praza.

Postos ofertados en Educación Infantil:

CURSO
4º Infantil
5º Infantil
6º Infantil
PRAZAS
22+3 NEE
2
11

Postos ofertados en Educación Primaria:

CURSO
1º Primaria
2º Primaria
3º Primaria
4º Primaria
5º Primaria
6º Primaria
PRAZAS
3+3 NEE
3
2
1
7
2

·     

Día da árbore na Cruz da Maceira

A clase de segundo e a de terceiro de Primaria celebraron o día da árbore no monte da Cruz da Maceira. Foi unha actividade organizada polo Concello de Moaña no programa "Aprende Moaña", en colaboración coas Comunidades de Montes de Moaña.


 

26 de feb. de 2018

CHATTERKID NA AULA DE 1º CURSO

O alumnado de 1º estivo a traballar coa aplicación para Ipad chamada Chatterkid. O que fixeron foi elexir un elemento atmosférico, poñerlle boca e gravar o son. Quedoulles moi chulo!
Mirade!!!


20 de feb. de 2018

QUIVERVISION NA AULA DE 2º CURSO

MOITO GUSTA ISTO DE COLOREAR DEBUXOS E FACERLLES MAXIA COS IPADS.
MIRADE QUE DOMINIO TEÑEN OS NENOS E NENAS DE 2º DE PRIMARIA, NESTA MONTAXE FEITA POR HELENA, GUILLE E TOMÁS (6º CURSO).



13 de feb. de 2018

COPLAS DO ENTROIDO

AQUÍ TEDES AS COPLAS QUE CANTARON OS NENOS E NENAS DE PRIMEIRO E DE SEGUNDO CURSO.





6 de feb. de 2018

Un arquitecto en segundo

Falando dos diferentes traballos na clase de segundo descubrimos que necesitabamos coñecer un pouco mellor o traballo dos arquitectos e arquitectas. Invitamos a Rodri e explicounos marabillosamente como era o seu traballo:

Moitísimas Grazas Rodri!!!

5 de feb. de 2018

Poemas de paz

Na clase de segundo recitamos o poema "O neno e o xabarín" no Día da Paz a todos os cursos do cole: me>

1º TRABALLA CO CHATTERKID NO IPAD

Aproveitando o tema da estación metereolóxica e o tempo, os nenos e nenas de 1º curso están a pintar un debuxo ao que lle poñen boca e voz coa aplicación ChatterKid.
Están quedando moi ben....
Deixámosvos unha montaxe feita por Iago (4º curso de primaria).


1 de feb. de 2018

Visita ao parque de bombeiros

A clase de primeiro de primaria foi visitar o parque de bombeiros. Unha idea xenial posto que Paco nos pedira que investigáramos sobre este profesión.

Velaquí as fotos da nosa saída:


As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas