28 de abr. de 2016

O pano

Seguindo cos xogos populares.... o pano.


Xogos populares e tradicionais. A pita cega

Na clase de 2º tamén xogamos á pita cega, dentro do traballo dos xogos populares e tradicionais de Galicia.


Baile popular e tradicional galego

Dentro do traballo dos xogos populares e tradicionais galegos, engadimos unha parte dedicada ao baile popular e tradicional galego. Para iso, contamos coa colaboración de Vero e Juan, da Moañesa de Música e Danza. Queremos agradecer este detalle que tiveron co cole ao vir a ensinarnos os picados e puntos para bailar. Grazas!!










Visita á praza de abastos

A semana pasada, o alumnado de 1º e 2º realizou unha visita guiada pola praza de abastos. Contáronlle como están organizados os distintos postos de venda e tamén moitas cousas  sobre as froitas, as verduras, a carne, o peixe...
Aquí vos deixamos unha mostra do divertido que foi:





26 de abr. de 2016

En 2º inventamos un conto

Á clase de 2º encántanos aproveitar o papel de aluminio das merendas para facer figuriñas.
Esta mañá decidimos inventarnos un conto con algunhas delas.
Estes son os protagonistas: a serea, a ostra, a perla xoguetona, o cormorán e a flor.




                       

                                                                         


                                                        


E esta a historia:     




                          

A semana da froita

Este luns empezamos a 1º das tres semanas da froita .
De luns a venres temos no cole distintas froitas para tomar nos recreos.
A semana da froita forma parte do proxecto do noso centro "Medrando sans con froita", que ten como obxectivo fomentar o seu consumo.
Este  proxecto está subvencionado pola  Consellería de agricultura.



Cadro de Giuseppe Arcimboldo ( 1527-1593) pintor italiano que facía retratos a partir de froitas, flores e plantas.

19 de abr. de 2016

Por fin podemos plantar

Levamos un tempo que non para de chover e as leituguiñas xa estaban esperando por nós. Onte tivemos un tempo fantástico e o colexio enteiro aproveitamos para ir plantar á horta. Pasámolo moi ben e plantámolas  con moito xeito, Luis axudounos moito. Agora teremos que coidalas para que medren.

11 de abr. de 2016

1º APRENDE A SALTAR Á COMBA

Estes días, na clase de E.F., estamos traballando os xogos populares e tradicionais. Entre eles, temos o salto de comba. Mirade que ben o fan os nenos e nenas de primeiro.


6 de abr. de 2016

LETRAS GALEGAS 2016

Este ano, o Día das Letras Galegas está dedicado a Manuel María. Aquí deixamos unhas actividades online para aprender sobre el.

 Manuel María

As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas