31 de out. de 2011

30 de out. de 2011

Xogo sobre o outono

Metidos de cheo no outono, desde o CEIP Frián de Teis chéganos este xogo LIM:

29 de out. de 2011

RADIOGRAFIAS

Que ben vemos os ósos coas radiografías ! .Como en 2º curso estamos aprendendo os nomes dos ósos
descubrimos que con esta técnica podemos ver todo o noso corpo como si estivera fotografiado por dentro.

Aquí nos vedes na clase de anatomía.

Xogo de Samaín

No CEIP A Pedra de Bueu fixeron este xogo do Samaín. A que é chulo? Entrade nel para xogar
No blog do noso cole están as fotos das cabazas que fixestes.

28 de out. de 2011

24 de out. de 2011

Canta con Mamá Cabra

Era noite de trebón
nun vello e mouro castelo,
a auga caía a chuzos
e os lóstregos a miles.


Oes dentro un barullo
de alaridos e lamentos,

era noite de trebón

nun vello e mouro castelo.

Bule, bule, bule, bule,
bailan, bailan os espectros,

bailan, bailan esqueletes,

sapos, monstros e morcegos.
Bailan, bailan as pantasmas,
monstros, bruxas e curuxas.

Bule, bule que aínda é cedo

e hoxe toca pasar medo.



Bule, bule, bule, bule,
bailan, bailan os espectros,
bailan, bailan esqueletes,
sapos, monstros e morcegos.
Bailan, bailan as pantasmas,
monstros, bruxas e curuxas.
Bule, bule que aínda é cedo
e hoxe toca pasar medo

Como estamos no Samaín, imos ver o conto de "Corre corre Cabaciña" que tanto nos gusta.

17 de out. de 2011

Un lío de dedos!


Hoxe, na clase de informática, practicamos a colocación das mans no teclado do ordenador. Menudo lío que nos fixemos! Colocabamos as mans nas letras que a profe pedía, pero cando nos despistabamos, todos os dedos movíanse de lugar.

Aprendemos a escribir ASDF e ÑLKJ cos dedos correspondentes. Despois, fixemos un xogo online que nos pedía aplicar o aprendido.
Pasámolo moi ben!

12 de out. de 2011

Atando os amallós

Hoxe Juan fíxonos unha demostración do ben que sabe atar os amallós:

10 de out. de 2011

Reciclamos


 Os nenos e nenas de primeiro temos uns manteis para merendar moi especiais: Son xornais vellos. Deste xeito reciclamos, mentras merendamos!!!
E algún ata aproveita para ler a tira cómica.
Humm! Que rico está todo!

Na aula tic

O primeiro día na clase de Novas tecnoloxias aprendemos a entrar no blog do primeiro ciclo. Despois xogamos con un xogo que nos gusta moito, dunha pantasma.



2 de out. de 2011

O outono

Un xogo de outono para os nenos e nenas de 1º e 2º de Primaria:

As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas