22 de feb. de 2017

Entroido animal

Moitos felinos tiñamos hoxe en primeiro:

Encomendas de Paco

Onte na clase de primeiro había moito sono:

20 de feb. de 2017

Entroidadas

"Se no cole queres entrar, moito medo tes que dar"
Así de terroríficos estában hoxe os nenas e nenas de primeiro:


17 de feb. de 2017

2º practica cómic co programa Paint

Os nenos e nenas de 2º curso están traballando o cómic de diversas maneiras e con distintos soportes. Un deles é o programa Paint. Estamos coas primeiras sesións, pero están a facelo moi ben!


6 de feb. de 2017

DÍA DA PAZ

O pasado 30 de xaneiro, celebramos no colexio o Día da paz e a non violencia. Os nenos/as de 6º de Primaria léronnos o manifesto pola paz e cada curso a continuación leu a súa mensaxe de paz. Cantamos e bailamos a canción de Toc Toc de Pablo Díaz e colgamos as nosas mensaxes e símbolos de paz na entrada do colexio.

2 de feb. de 2017

Vídeos de axuda para articular o son S e Z !

Os sons S e Z son moi parecidos e confúndense frecuentemente. Por iso ofrecémosvos dous vídeos que axudarán aos nenos a diferencialos.














Vídeos para mellorar a fala!

Deixámosvos algún vídeo novo que nos pode axudar para mellorar a mobilidade da lingua e a motricidade orofacial.




1 de feb. de 2017

Equilibrio na aula de 1º

Nas sesións de Educación Física, os nenos e nenas de 1º estivemos traballando o equilibrio. Dos moitos xogos que fixemos, gustáronnos os zancos e o xogo popular do 1,2,3, escondite inglés!!
Pasámolo en grande!




As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas