31 de mar. de 2017

Seguimos escoitando a Rosalía

Adiós ríos , adiós fontes na voz de Hugo, coas súas preciosas ilustracións:

30 de mar. de 2017

La primavera

Noemí compartiu connosco moi contenta este poema sobre a primavera:

29 de mar. de 2017

No museo MARCO

A extraordinaria colección da exposición "Mulleres no silencio" reúne moitas obras salientables. Entre outras, ao curso de 1º gustoulles observar este cadro de Julia Mnguillón, pertenecente á colección do Museo do Prado. Trátase de "A escola da Doloriñas".Isto foi o que observaron:

  • Non estaba na cidade
  • A ventana non tiña cristais
  • Había poucas cadeiras e mesas
  • Había nenos e nenas grandes e pequenos
  • Non levaban tenis
  • Levaban zocas como as que vimos na nosa aclase
  • Tiña roupa vella
  • Unha nena non ten calcetíns
  • Comían figos
  • Tiñan poucas cousas
  • Non hai xoguetes
  • Teñen un pizarrín
  • ........
Era unha escola moi diferente á nosa!!!
Pero o que máis lles gustou observar é que o cadro era algo máxico!!! Algúns nenos mirábannos todo o tempo!!!

Teatro A Fundación

O luns, os nenos e nenas de primeiro e segundo curso fomos de excursión a Vigo. Foi un día cargado de aventuras. En primeiro lugar fomos ver o espectáculo de Mamá Cabra que nos ·cantou" sobre a importancia de compartir, de respectar e de rir. Encantáronnos os instrumentos, as cancións e maila historia.

Escribimos noticias en 2º


28 de mar. de 2017

Visitamos o MARCO

Os nenos e nenas de segundo, acompañados dos nenos e nenas de terceiro, visitasmos o MARCO, o museo de arte contemporáneo.
Despois de visitalo escribímola noticia.
Pasámolo xenial!

Noticias visita 2º ao MARCO



Seguimos reciclando en 2º

Nesta sesión de Educación Física en segundo curso empregamos botellas de leite para xogar aos bolos.


27 de mar. de 2017

Rosalía de novo

Como nos gusta!!!

Cantares Gallegos

Un novo poema de Rosalía de Castro na voz de África:

O gato don Honorato

O simpático gato don Honorato veu á clase de 1º da man de Aarón. Un poema de Helena Villar Janeiro

Poema de inverno

Naroha compartiu connosco un poema de Alba Sánchez sobre o frío inverno:

24 de mar. de 2017

Chocolate

Este é un poema moi saboroso que compuxo Pedro para todos nós:

Gloria Fuertes en 1º

Tamén nos gusta Gloria Fuertes, Aitana recitou un pareado sobre a poesía:

A primavera

Hoxe un poema sobre a primavera, de Alejandra Martínez na voz de Antía:

22 de mar. de 2017

De Rosalía pequeniña,Xan

Rosalía é a nosa poeta preferida. Non paramos de recitar os seus poemas. Darío tróuxonos un poema que está musicado no libro "Rosalía pequeniña"

21 de mar. de 2017

Poema "Os meses"

Ari recitounos un poema lindísimo de Santiago Freire, do seu libro Martingadas " Os meses" :

20 de mar. de 2017

Adiós ríos

Adiós ríos, adiós fontes;
adiós regatos pequenos;
adiós vista dos meus ollos:
non sei cando nos veremos.

Este poema de Rosalía de Castro recitounos Mara:

18 de mar. de 2017

Máis material de refugallo en Educación Física

Nesta sesión, empregamos neumáticos!!!




16 de mar. de 2017

Teño tres pitas

Rosalía de Castro , no seu libro "Follas Novas" escribiu este fermoso poema que trouxo Mario:

15 de mar. de 2017

Visita a Aula de Instrumentos Tradicionais de Moaña

Xavier Blanco ensinounos un monte de músicas que se poden facer con cunchas,froitos e canas:

14 de mar. de 2017

Como se dibuja a un niño

Gloria Fuertes visitou a clase de 1º na voz de Jaime e o seu poema "Como se dibuja un niño":

É fermoso ser o vento

Martiño tróuxonos un poema de Antonio García Teijeiro, do  libro  "Trozos, trazos e retrincos":
É fermoso 
ser o vento
e correr, correr, correr.

É fermoso 
ser a nube
e chover, chover, chover.

É fermoso 
ser paxaro
e volver, volver, volver.

É fermoso
ser araña
e tecer, tecer, tecer.

13 de mar. de 2017

O meu barco

Comezan os recitados en 1º!!
Foi Irene quen comezou cos recitados de poemas.Trouxonos un fermoso poema de Manuel María:
                                                                       O MEU BARCO
Teño un barco de xoguete
e nel me quero embarcar.
Polos mares dos meus soños
quen me verá navegar!

Navegarei por mil ríos
sete mares hei cruzar.
No meu barco de xoguete
cansarei de viaxar!

No meu barco de xoguete,
mariñeiro e capitán...!
Non teño medo ó trebón
nin me asusta o furacán!

O meu barco de xoguete!
O meu barco moito val:
verei terras, verei illas,
verei mares de coral...!

Andei tódolos mares!
Xa cansei de navegar
co meu barco de xoguete
sen saír do meu fogar!

10 de mar. de 2017

DÍA DA ÁRBORE

Aquí vos deixamos unhas fotos e un pequeno texto feito por Iván da nosa saída ao Mirador dos Parentes para festexar o Día da árbore.



 

9 de mar. de 2017

MATERIAL DE REFUGALLO NAS SESIÓNS DE EDUCACIÓN FÍSICA

Os nenos e nenas de 1º e 2º estamos a traballar con material reciclado nas sesións de Educación Física. Entre outros, usamos latas de refresco. Mirade que ben o pasamos.




XOGAMOS CON MATERIAL DE REFUGALLO NA AULA DE 1º

Estos días, en Educación Física, estamos a traballar con material reciclado. Esta vez usamos xornais e pasámolo xenial!!!


5 de mar. de 2017

ENTROIDO 2017

AQUÍ TEDES UN AMPLO RESUMO DO BEN QUE O PASAMOS NO ENTROIDO DE QUINTELA: MERENDAMOS AS SOBREMESAS TÍPICAS DE ENTROIDO, CANTAMOS AS COPLAS, DESFILAMOS ARREDOR DO COLE E PARTICIPAMOS NO ENTERRO DA XOUBIÑA. PASÁMOLO XENIAL!!!




As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas