29 de abr. de 2021
As familias contan en 2º
28 de abr. de 2021
As familias contan en 2º
Seguindo coa celebración, a mamá de Valeria, Olga, tamén viu coñecer a nosa aula e contounos dous maravillosos contos.
Na fotografía estanos lendo Isto non é unha selva de Susanna Isern.
Tivemos a sorte de que quixeron compartir outra historia con nós, a historia de Axente Riciños escrita por Hematocrítico, chulísima!
Moitísimas grazas por vir compartir con nós ese momento!
27 de abr. de 2021
As familias contan en 1º
Hoxe visitounos Tania, a nai de Iago.
Contounos o conto "Con Tango son tres" no que unha parella de pingüíns ve enriquecida a súa vida tras a chegada do ovo tan esperado.
O conto está baseado nunha historia real que aconteceu no zoo de Central Park e que podedes ler a continuación.
Grazas Tania, pola túa historia!
As familias contan en 2º
23 de abr. de 2021
DIGICRAFT NO TEU COLE. PROGRAMAMOS ROBOTS CREADOS POR NÓS EN 1° E 2°
Esta semana, creamos robots con material de refugallo e, con códigos de frechas, programamos os seus movementos polo taboleiro. Gustounos moito!
1º na exposición da biblioteca
As familias contan en 1º
Onte visitounos María, a tia de Julia, para contarnos o conto "Te quiero (casi siempre)"
Conta a historia do vagalume Rita e do becho bóla Lolo, dous animaliños moi diferentes pero que se queren moito.
Que as súas diferenzas os una ou os separe dependerá deles.
Moitas grazas, María!
As cancións favoritas da clase das serpes! (6/6)
Bo día, Quintela!
Nesta serie de seis episodios ímosvos contar as nosas cancións favoritas, agardamos que vos gusten tanto coma a nós :)22 de abr. de 2021
As cancións favoritas da clase das serpes! (5/6)
Bo día, Quintela!
Nesta serie de seis episodios ímosvos contar as nosas cancións favoritas, agardamos que vos gusten tanto coma a nós :)21 de abr. de 2021
As familias contan
Onte recibimos a visita de Lorena, a nai de Mara.
Estivo contándonos o conto titulado "Así es mi corazón".
Un conto cheo de corazóns e sentimentos.
E ti, de que cor tes hoxe o teu corazón?
Moitas grazas, Lorena pola túa visita e o teu conto!
As cancións favoritas da clase das serpes! (4/6)
Bo día, Quintela!
Nesta serie de seis episodios ímosvos contar as nosas cancións favoritas, agardamos que vos gusten tanto coma a nós :)20 de abr. de 2021
As cancións favoritas da clase das serpes! (3/6)
Bo día, Quintela!
Nesta serie de seis episodios ímosvos contar as nosas cancións favoritas, agardamos que vos gusten tanto coma a nós :)19 de abr. de 2021
DIGICRAFT NO TEU COLE. COSPACES E ASISTENTE DE GOOGLE EN 1° E 2°
Nesta sesión, tivemos que buscar pistas sobre un animal descoñecido nun mundo virtual e, con esa información, preguntar ao asistente de google para adiviñar a súa identidade. Gustounos moito!
As cancións favoritas da clase das serpes! (2/6)
Bo día, Quintela!
Nesta serie de seis episodios ímosvos contar as nosas cancións favoritas, agardamos que vos gusten tanto coma a nós :)16 de abr. de 2021
As cancións favoritas da clase das serpes! (1/6)
Bo día, Quintela!
Nesta serie de seis episodios ímosvos contar as nosas cancións favoritas, agardamos que vos gusten tanto coma a nós :)12 de abr. de 2021
DIGICRAFT NO TEU COLE. PLACAS MAKEY MAKEY EN 1° E 2°
Nesta sesión, o alumnado traballou coas placas Makey Makey nun xogo no que tiñan que quitar virus das súas pantallas de ordenador (os virus son algo malo para os dispositivos electrónicos).