30/03/2016

A metereoloxía na clase Tic's


Na aula Tic, e co programa Paint, os nenos e nenas de primeiro fixeron un debuxo relacionado coa metereoloxía para traballar no noso proxecto Meteoquintela . Quedaron moi chulos!


28/03/2016

Aprendemos moito das familias

Antes das vacacións, os nenos e nenas de 2º recibimos a visita de Fran, un dos nosos pais.



Estivo falándonos das abellas, da función de cada unha delas, da súa organización e da importancia que teñen na nosa vida grazas á polinización.
















Miramos e tocamos unha colmea de abellas e decatámonos da diferenza de peso cando están valeiras e cando teñen mel.











Puidemos saborear o mel. Mmmm, que rico está!












Tamén nos falou das diferenzas que hai entre a vespa crabro que é a vespa autóctona e a vespa velutina ou vespa asiática e do perigo que esta última supón  para o equilibrio da nosa natureza.




Colmea de vespa velutina ou asiática.


Moitas grazas Fran pola túa visita e por esta charla tan interesante.












14/03/2016

A visita de Gustavo e Matilde

A semana pasada Gustavo e Matilde viñeron para falarnos sobre un animal tan espectacular como é a águia.
Como na clase de 2º estivemos traballando a entrevista, aproveitamos para elaborar unhas preguntas sobre esta fermosa ave.
Ao final fixemos estes debuxos tan bonitos.
Moitas grazas Gustavo e Matilde pola vosa visita.



10/03/2016

Día da muller traballadora

Onte a clase de 2º, xunto con máis compañeiros do colexio, fomos a biblioteca para celebrar o día da muller traballadora.
Alí estaba esperándonos Noelia Pérez, a mellor técnica de taekwondo de España 2015 e ademáis mamá e ama de casa.
Contounos moitas cousas, como é o seu día a día, todo o que estudou e cómo ten que seguir preparándose para aprender cousas novas.
Tamén nos dixo algo moi importante, nunca debemos deixar de loitar por conseguir os nosos obxectivos.
Gracias Noelia pola túa visita e pola demostración tan chula que fixeches.
 Nós queremos agasallarte con estes debuxos.

08/03/2016

2º celebra o día da árbore

Hoxe gozamos dun fantástico día de excursión, organizado pola Concellalía de Educación de Moaña, en colaboración coas Xuntas de Montes de Moaña
Compartimos cos nosos compañeiros e compañeiras de 3º o autobús que nos levou a Chan do Porco en Domaio.
Alí esperamos a chegada dos outros seis colexios públicos de Moaña mentres dábamos un bonito paseo.
Cando xa estabamos todos, plantamos sobreiras e carballos e recitamos poemas de Manuel María.
Despois da merenda tíñamos reservada unha gran sorpresa, puidemos ver á moura na poza peiteándose co seu peite de ouro.
Rematamos a excursión bailando e escoitando o home orquestra, foi divertidísimo!

04/03/2016

Escoitando a Rosalía de Castro



 Hoxe as nenas e nenos de 2º recibimos a visita dos compañeiros de 1º.

Viñeron para recitarnos un precioso poema musicado de Rosalía de Castro.

  Recitárono con acompañamento de guitarra e cantaron moi ben.

Gustounos moito. Ao final aproveitaron para cantarnos a súa canción dos meses.
As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas