29 de nov. de 2023

Compartindo lecturas

 Esta semana estivemos con nosos amigos e amigas lectores. Á clase de cuarto encántanos contarnos contos e a nós compartir estes momentos con eles facendoo o que máis nos gusta: escoitar contos.


28 de nov. de 2023

Coñecemos o programa de deseño para a impresora 3D en 2°

 Os nenos e nenas de 2º estamos a deseñar os nosos nomes na aplicación Tinkercad para logo imprimilos na impresora 3D. 





26 de nov. de 2023

Coñecemos a aplicación Strip Design en 1° de primaria

 Este curso, o alumnado de 1° estamos a coñecer e traballar coa aplicación Strip Design que nos permite elaborar banda deseñada en formato dixital. Gústanos moito!




9 de nov. de 2023

Cociñando chulas

Estamos traballando a receita como forma textual.
A mellor maneira de seguir este texto instrutivo é invitar a unha das nosas avoas para fortalecer os vínculos familiares desde a escola.
Nesta ocasión Marga tróuxonos a súa receita de chulas, que xa lle ensinara a súa nai.
As avoas axudan a transmitir a nosa cultura e Marga fixoo marabillosamente.


7 de nov. de 2023

Somos cociñeiros!

 No tempo de Samaín a clase de Primeiro fixo de cociñeiros e cociñeiras.

Primeiro limpamos e cocemos a cabaza. Despois coa receita á man, cada quen escribiu o nome dun ingrediente e foi engadindo e amasando seguindo a quenda.

As galletas estaban deliciosas

No cole todos querían probar as galletas de primeiro!




4 de nov. de 2023

Os ratos robot na aula de 1°

 Como nos gusta aprender xogando cos ratos robot. Traballamos as sumas en mate e a asociación de palabras con imaxes en lingua empregando estes ratos tan simpáticos.


3 de nov. de 2023

Samaín en 1º

 Estas son as nosas cabazas de Samaín! Dan moooooito medo!

As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas