26 de mar. de 2018

ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO POLOS NENOS DE 1º E 2º CURSO

ESTAS ÚLTIMAS SESIÓNS DE TIC'S, NA AULA DE 1º E 2º, ESTIVERON DESTINADAS A GRAVAR COA APLICACIÓN MADPAD AS VOCES DOS NENOS E NENAS RECITANDO POEMAS DE ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO, CON MOTIVO DO MES DA POESÍA. 
QUEDOULLES MOI BEN!
MIRADE!




21 de mar. de 2018

Día da poesía na clase de segundo curso

No día da poesía homenaxeamos a Antonio García Teijeiro, Premio Nacional de literatura Infantil 2017. Un poema e unha flor para compartir coa familia:





16 de mar. de 2018

A Presidenta da Comunidade de Montes de Moaña

Hoxe recibimos a visita da Presidenta da Comunidade de Montes de Moaña, Belén Couso. Acompañábaa Xulio e os dous contáronnos como coidan os montes de Moaña para que todos e todas poidamos visitalos e sentirnos orgullosos. Podan , desbrozan, limpan, plantan,...son moitas as tarefas que desenvolven. Así podemos evitar que os incendios os destrocen.
Nós entregámoslles os carballos que estivemos coidando desde o outono. Sementamos landras porque queremos un monte cheo de árbores, non de cinza.
MOITAS GRAZAS!!!


7 de mar. de 2018

Día da Muller Traballadora

Hoxe, na véspera do 8 de marzo,  tivemos connosco a Sonia Valladares Rodríguez, da Asociación de Mulleres Investigadoras e Tecnólogas de Galicia.
Sonia  é Enxeñeira  Superior de Telecomunicacións e traballa na Universidade de Vigo investigando sobre o Alzeimer.Para iso desenvolve videoxogos e xogos de aprendizaxe para adultos.
Falounos do traballo das científicas e presentounos  os descubrimentos dalgunhas, como  Hipatia de Alejandría, Marie Curie , Rosalind Franklin ou Margarita Salas .
Pasámolo moi ben e fixemos os nosos carnés de científicos e científicas!!!:


Vaite febreiriño curto

Os nenos e as nenas de primeiro recitan un poema dedicado ao mes de febreiro e á súa climatoloxía:


Aquí podedes ver que ben escribiron e ilustraron a poesía:
Vaite febreiriño curto

6 de mar. de 2018

Científicos Kids

Nesta páxina podes buscar información sobre algunhas científicas :

A semente

A primavera achégase e os bulbos de narciso que prantamos comezan a florecer, é por iso que recitamos a poesía titulada "A semente".

Presentación traballo dos nenos e nenas

5 de mar. de 2018

Visita á Panadaría Iglesias


O alumando de primeiro e segundo curso fomos visitar a Panadería Iglesias en Aldán. Gustounos moito poder amasar, aprender diferentes técnicas, e ver como as diferentes pezas se cociñaban nos grandes fornos industriais.






As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas