16/03/2012

Máis pintura


Jackson Pollok era un pintor americano que utilizaba a técnica do dripping.
 O dripping consiste en deixar chorrear ou gotear a pintura dende un recipiente cun burato no fondo, ou con unha espátula.
Aquí tedes un xogo para facer o voso cadro.
Basta poñer o dedo enriba do encerado dixital e desprazalo. Cada vez que pulses irá aparecendo unha cor diferente.
Para practicar a pantalla completa:

Despois practicade nos ordenadores, poñendo o cursor enriba.





E aquí tedes máis sobre o tema,vía ANB.

12/03/2012

Atando amallós

Este fin de semana os nenos e nenas de primeiro aprenderon a atar amallós coa axuda dos seus pais
Antes prepararon uns zapatos moi chulos,..
Aquí tedes as fotos facendo a demostración do ben que o fan,..
Os fotógrafos foron Nacho, Izan, Juan e Hugo Calo. A que o fan moi ben?
 

08/03/2012

HOLANDA

Nestes dias na clase de Coñecemento estamos aprendendo moitas cousas sobre un pais de Europa que se chama Holanda.Limos a lenda de Hans o neno do dique, coñecimos a un pintor chamado Van Gogh e fixemos debuxos dos seus cadros e plantamos tulipáns que son as flores típicas do pais.

03/03/2012

Stelaluna, conto do mes de febreiro

Dende que empezou o curso, os nenos e nenas de primeiro escollen o conto favorito de cada mes entre os que lle conta a profesora.
 Despois de unha reñida votación, saiu elixido conto do mes de febreiro "Stelaluna" de Jannell Cannon de Editorial Juventud.
A novidade é que este conto contoullo Lorena aos seus compañeiros na hora de biblioteca.
Os seus motivos para escollelo:
  • Porque era bonito ver como se encontraba coa sua mamá.
  • Porque lle ensinou aos paxariños a colgarse boca abaixo.
  • Porque cando Stelaluna se colgaba da árbore cos dedos estaba moi simpático.
  • Porque era precioso e gracioso.

  O conto finalista foi:



“O soño do osiño rosa”  
Roberto Aliaga & Helga Bansch. de OQO Editora 

Estes son os argumentos dos nenos e nenas:
  • Porque me gustan os soños dos animais.
  • Porque os debuxos eran moi bonitos.
  • Porque ao final o soño era soñar.


CLICA NA IMAXE PARA XOGAR CO OSIÑO
(LIM de Tatiana Rivero)

02/03/2012

Seguimos contando contos na biblioteca

Seguimos contando contos na biblioteca. Cada mércores un conto:

29/02/2012

Para Patricia

Os nenos e nenas de 2º tamén prepararon uns debuxos para a profe Patricia, cos seus disfraces de Entroido:

16/02/2012

Para Patricia

Os nenos e nenas de Primeiro fixeronlle un libro de agasallo para a profe Patricia:

15/02/2012

O amor en primeiro

Os nenos e nenas de primeiro escribiron as súas cartas de amor:
 
Posted by Picasa

12/02/2012

Contamos contos

Como cada semana na clase de primeiro, un dos nenos contalles un conto aos seus compañeiros.

Esta vez foi Juan, quen preparou para a ocasión o conto de Bob Esponja.
Fíxonos unha lectura pausada, vocalizando e entoando moi ben.Todos estivemos moi atentos!

09/02/2012

Debuxamos na rede

Queredes colorear co ordenador? Entra na imaxe, vaivos gustar:

As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas