5 de xuño de 2025

Saída á praza de abastos

O pasado martes, o alumnado de 1º de Primaria viviu unha experiencia moi especial: fixemos unha saída didáctica á praza de abastos da nosa localidade. E... que ben o pasamos!

Acompañados polo profesorado, comezamos a xornada camiñando xuntos, observando con atención todo o que nos rodeaba. 

Tivemos a sorte de ver de preto unha gran variedade de peixes: douradas, sardiñas, unha estrela de mar, e mesmo unha centola! Aprendemos os seus nomes e as súas características. Tamén descubrimos algúns aparellos de pesca, como as nasas, e falamos da importancia do mar para a nosa comunidade.

Nos postos de froita e verdura puidemos identificar moitos alimentos que xa coñeciamos e outros novos. Observamos as cores, as texturas e aproveitamos para falar da alimentación saudable.

E, por suposto, despois de tanta emoción, rematamos a mañá xogando no parque.

Foi unha xornada moi enriquecedora, na que aprendemos moito sobre a nosa contorna máis próxima dunha maneira vivencial e divertida.

🎥 Deixámosvos un vídeo resumo con algúns dos mellores momentos desta saída. Agardamos que vos guste tanto coma a nós!


 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixa aquí os teus comentarios

As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas