22 de out. de 2014

A clase de 1º coñecemos a Antón Patiño

O martes 14 estivemos no Museo do Mar.
No museo estivemos con Antón Patiño.
Despois merendamos en Samil.
Ao final voltamos ao cole.


Antes de facer a excursión estivemos recordando con Mayca todo o que aprendemos de Antón Patiño o ano anterior.


20 de out. de 2014

Os nenos e nenas de 1º e 2º estivemos traballando unha gráfica con recomendacións de merendas saudables e nutritivas, moi boas para o crecemento.
Aquí tedes unha foto dela.

13 de out. de 2014

Proxecto Antón Patiño

Mañá martes imos visitar a exposición de Antón Patiño  e visitar o Museo do Mar, en Vigo.
Este é o proxecto que fixemos sobre Antón Patiño cando estabamos en Infantil:


12 de out. de 2014

2º fai unha plantación na aula

A profe Merchi trouxo moitas landras e na súa clase fixeron unha plantación delas. Como tiñan tantas regaláronnolas a 1º e 2º e tamén, buscamos as que poidemos no patio de atrás do cole. Avisounos de que tiñamos que deixalas en remollo para ver cales servían e cales non: só nos quedariamos coas que non flotaran. O día do plantío fomos por grupos ao fondo da aula para facelo. Cando acabamos levamos a nosa horta portátil a un sitio fresco e escuro porque  o necesitan e a nosa aula é moi quente. 












Gustounos moito o contacto coa terra e isto é o que sentimos:

Sentín un frescor.
A terra estaba un pouco mollada e era suave. 
Notei as burbullas brancas que se vían polo medio.
Daban ganas de tocala para sempre.
Estaba negra.
Era como se a miña man tocara algodón.
Daba gustiño tocala, como se acariñara a un canciño ou a un gatiño.
Tan agradable era que quedou toda aplastada e apretada.

Ao cabo dunha semana a profe subiu as dúas caixas de plástico nas que se meteron as nosas macetas de reciclaxe( os tetra-brick) e despois de fixarnos ben comprobamos que non cambiara nada. A pesar de que algún ou algunha xa vía raíces subindo e talos medrando. 
Chegou xaneiro e fomos ver como estaba a nosa plantación. Subimos as caixas á nosa aula e deixámolas estar para ver como medraban as plantas. Van pasando os días e xa hai mini árbores con follas. Outras macetas aínda non teñen nada e hainas que xa comezan a mostrar un talo. 
As fotos coas macetas sacámolas o 3 de febreiro.



  Por fin, levamos para casa as nosas árbores para poñelas en macetas máis grandes e despois plantalas no monte ou nunha veiga que teñamos. 

Ata outra!




2º e os ollos

Estamos a traballar en Coñecemento O corpo. Preguntámonos uns a outros pola cor dos ollos  e tamén ás nosas mestras María e María. Este foi o resultado despois de facer o reconto entre toda a clase. Pero, houbo algunha cor que tivemos que revisar entre todos porque non estabamos de acordo. 
Eramos 27 a contar: 7 nenas e nenos teñen os ollos verdes, 2 son de cor azul, 1 ten os ollos negros e 17 teñen os ollos marróns. Hai unha cor que destaca moito e outra que está soíña. Cales serán?

As fotos ilustran a busca da información.





8 de out. de 2014

Ola familias, que tal estades?

Como podedes ver medramos moito, e non podía ser doutro xeito, xa somos de 1º!

A clase está moi pretiño da nosa do ano pasado e tamén está pintada de bonitas cores.

Traballamos moito e a profe di que nos portamos moi ben.


Un bico para todos.
As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas