12/10/2014

2º fai unha plantación na aula

A profe Merchi trouxo moitas landras e na súa clase fixeron unha plantación delas. Como tiñan tantas regaláronnolas a 1º e 2º e tamén, buscamos as que poidemos no patio de atrás do cole. Avisounos de que tiñamos que deixalas en remollo para ver cales servían e cales non: só nos quedariamos coas que non flotaran. O día do plantío fomos por grupos ao fondo da aula para facelo. Cando acabamos levamos a nosa horta portátil a un sitio fresco e escuro porque  o necesitan e a nosa aula é moi quente. 












Gustounos moito o contacto coa terra e isto é o que sentimos:

Sentín un frescor.
A terra estaba un pouco mollada e era suave. 
Notei as burbullas brancas que se vían polo medio.
Daban ganas de tocala para sempre.
Estaba negra.
Era como se a miña man tocara algodón.
Daba gustiño tocala, como se acariñara a un canciño ou a un gatiño.
Tan agradable era que quedou toda aplastada e apretada.

Ao cabo dunha semana a profe subiu as dúas caixas de plástico nas que se meteron as nosas macetas de reciclaxe( os tetra-brick) e despois de fixarnos ben comprobamos que non cambiara nada. A pesar de que algún ou algunha xa vía raíces subindo e talos medrando. 
Chegou xaneiro e fomos ver como estaba a nosa plantación. Subimos as caixas á nosa aula e deixámolas estar para ver como medraban as plantas. Van pasando os días e xa hai mini árbores con follas. Outras macetas aínda non teñen nada e hainas que xa comezan a mostrar un talo. 
As fotos coas macetas sacámolas o 3 de febreiro.



  Por fin, levamos para casa as nosas árbores para poñelas en macetas máis grandes e despois plantalas no monte ou nunha veiga que teñamos. 

Ata outra!




Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixa aquí os teus comentarios

As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas