28 de feb. de 2014

A murga de 1º e 2º

Aquí tedes a murga do alumnado do primeiro ciclo.



Tamén queremos que escoitedes o ben que cantan!





26 de feb. de 2014

Programación día do Entroido

Os nenos e nenas de terceiro curso fixeron o cartel coa programación que imos seguir o venres 28 de febreiro, na celebración do Entroido. Aquí o tedes:

                           

25 de feb. de 2014

Recitado de 6º de Infantil

O 25 de febreiro recibimos a visita da clase de 6º de Infantil porque nos querían recitar un poema de Rosalía de Castro.





HAS DE CANTAR,
QUE CHE HEI DE DAR ZONCHOS;
HAS DE CANTAR,
QUE CHE HEI DE DAR MOITOS.
HAS  DE CANTAR,
MENIÑA GAITEIRA,
HAS DE CANTAR,
QUE MORRO DE PENA.
CANTA, MENIÑA,
NA VEIRA DA FONTE;
CANTA, DAREICHE
BOLIÑOS DO POTE.
CANTA, MENIÑA,
CON BRANDO COMPÁS,
DAREICHE UNHA PROIA
DA PEDRA DO LAR.
PAPIÑAS CON LEITE
TAMÉN CHE DAREI;
SOPIÑAS CON VIÑO,
TORREXAS CON MEL.
PATACAS ASADAS
CON SAL E VINAGRE,
QUE SABEN A NOCES,
¡QUE RICAS QUE SABEN!
¡QUE FEIRA, RAPAZA,
SI CANTAS, FAREMOS…!
FESTIÑA POR FÓRA,
FESTIÑA POR DENTRO.

            ( ROSALÍA DE CASTRO: CANTARES GALLEGOS )



17 de feb. de 2014

Rimas de 2º

Os nenos e nenas de 2º querémonos moito e fixemos unhas rimas cos nosos nomes. Aquí tedes algúns exemplos.



14 de feb. de 2014

Visita de 3º

A clase de 3º tamén veu  recitarnos o seu poema sobre a paz.


O NENO E O XABARÍN
Xabarín, xabarín,
que fas no meu xardín?

Busco un brinquedo
neste lindo arboredo.

Xoguemos no arredor
a xabarín e cazador.



Eu non gosto da guerra.
Só quero paz nesta terra.

Xabarín, xabarín,
tocarás no meu violín?

Neste lugar de soidade
faremos a nosa amizade.

Xosé Lois García
A figueira lingoreteira.Ed. do Castro 

12 de feb. de 2014

Mira mira a pintura,...e mide

Queres saber canto miden algúns dos cadros máis famosos?

·       “As meninas”, de Diego Velázquez, mide 276 de alto por 318 cm de ancho .
·       “A Gioconda”, de Leonardo da Vinci, mide 77 cm de alto por 53 cm de ancho
·       “A persistencia da memoria”, tamén coñecido como “ Os reloxos brandos,” de Salvador Dalí, mide 119,5 de alto por 90 cm de ancho.
·       “Enrique VIII”, de Hans Holbein o Mozo, mide 28 cm de alto por 20 cm de ancho
·       “A habitación", de Van Gogh, mide 74 cm de alto por 56,5 cm de ancho
·       “Varios círculos”, de Kandinsky, mide 127 cm de alto por 200 cm de ancho
·       “Guernica”, de Pablo Picasso, mide 3,50 cm de alto por 7,80 de ancho

P   Que vos parece calcular as medidas dos cadros nas vosas aulas? 
   Será interesante ver canto ocupa cada un!



11 de feb. de 2014

No mes do amor,...o crocodilo tamén está namorado

Nas voces dos pequenos de Infantil do CPI de Mondariz

4º de visita

4º visitounos cunha agradable sorpresa: 
Recitaron o poema VENTOS acompañado de xestos. Era  o mesmo poema que nós aprenderamos coas actividades da PAZ. Ao final, nós recitamos tamén o poema e eles acompañáronnos cos seus movementos.

VENTOS

Que veña o vento fungón,

que lle quero preguntar
a cor dos ollos das nubes,
a cor dos ollos do mar.
Eu coido que son azuis,
verdes, grises, de cristal,
mais calquera cor que teñan
será a cor da paz.

Antonio García Teijeiro

Ventos. Ed. Xerais

4 de feb. de 2014

O cadro máis famoso do munto é...

A Gioconda, tamén coñecida como a Monna Lisa...
Mirade o seu sorriso , parece que ten un segredo.
Ademais, sempre nos segue pola mirada, fai a proba....pasea diante do cadro, e verás como non deixa de mirarte...

As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas