28 de nov. de 2012

Os contos de ratiños gustáronnos

Xa rematamos de ler contos de ratiños na clase de segundo. Cada un escolleu o que máis lle gustou:

20 de nov. de 2012

Xogando cos aros

                                                                                         
Na clase de E.F. de hoxe fixemos unha sesión de xogos utilizando un único material: os aros. A través deles fixemos desprazamentos, lanzamentos, exercicios de coordinación, etc... e de maneira moi divertida!

13 de nov. de 2012

Sumamos

Varios niveis, para 1º e 2º de Primaria.

11 de nov. de 2012

O magosto

O xoves 8 de novembro celebramos o magosto no cole. Asamos as castañas, comémolas, xogamos, emborrallámonos e pasámolo en grande.

9 de nov. de 2012

Xogamos a resolver problemas

Mirade que xogo para practicar coas matemáticas.

8 de nov. de 2012

Os nosos traballos ....

A web da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia publica unha entrada que titula "Outono de Ciencia"
Nesa páxina recolle  cinco traballos do noso colexio, tres deles son do curso pasado na clase de primeiro:


Profe, para que serven as matemáticas?

 O día e a noite

Proxecto animais

6 de nov. de 2012

Os bolechas na tele

O programa cos monicreques  dos bolechas fixo un mes na programación da TVG. No enlace pódese acceder aos vídeos dos programas pasados, esperando a que pase o anuncio inicial ( inexplicablemente as máis das veces en castelán).Este é o horario no que se poden ver:
e este é o vídeo promocional:

O Samaín en 1º



4 de nov. de 2012

Poñede título á noticia


OLA NENOS E NENAS
DE 1º!:



GUSTOUVOS A EXPOSICIÓN?

OBSERVADE A FOTO DO AFUNDIMENTO DO PRESTIGE.



Moitos bicos



1 de nov. de 2012

Exposición de cabazas

Intentando recuperar a tradición do tallado de cabazas para os cativos e cativas, este ano volvemos a organizar unha exposición de cabazas talladas polas familias de Quintela. A particiación foi extraordinaria e a exposición resultou impresionante. Temos que destacar ademais a entrega e a orixinalidade coa que participaron todas as familias , un feito que enorgullece ao alumnado e que o profesorado non deixa sen agradecer. 

Mirade as fotos,...

No cole temos unha exposición de fotografías. Que será ? Hai que mirar e ler:

As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas