24 de mar. de 2024

A nosa horta

 Así quedou a nosa horta antes das vacacións de Semana Santa. As nosas plantiñas van medrando! Desfrutade e descansade!



21 de mar. de 2024

Inglés e impresora 3D en 2°

 O alumnado de 2º estivo aprendendo sobre o fogar nas clases de inglés. Crearon unha casa e puxeron os nomes das distintas cousas que podemos atopar nunha imprimíndoos coa impresora 3D. Empregaron o programa Tinkercad para a elaboración e diseño.

Moi bo traballo rapaces!






19 de mar. de 2024

Obradoiro de pan

 Ruth estivo no cole para ensinarnos a facer pan. Ela amasou e logo nós fixemos pauciños. Riquísimos!

Moitas grazas, Ruth!


Tocamos láminas

 Na clase de música estivemos tocando xilófonos, metalófonos e carillóns.  Temos que estar moi concentrados e concentradas, para ir cambiando de man, repetir ritmos, tocar no centro da lámina… son moitas  cousiñas, pero nos sae  xenial!


Láminas en 1º
Láminas en 2º

15 de mar. de 2024

Xogo por estacións

 Na clase de 2º, gozamos cos xogos de mesa por estacións: os equipos van rotando e cambiando de xogo ao longo da sesión.

O xogo é fundamental para o desenvolvemento dos nenos e nenas. A través del, aprenden de forma lúdica matemáticas, letras... entrenan a velocidade de procesamento da información, a lóxica... E ademais, aprenden a gañar e a perder, a acompañar a quen gaña e acompañar a quen perde. Todo son vantaxes!


12 de mar. de 2024

2º planta na horta

 Hoxe plantamos na horta: acelgas, cabaciños e acelgas. Fixemos un buratiño, mesturamos compós coa terra,  puxemos a plantiña  e regamos. 





8 de mar. de 2024

Ciencias da natureza en 1°

 Hoxe, estivemos curioseando sobre como é o noso corpo por dentro. Fixémolo coa camiseta e a aplicación Magic T-Shirt.

Descubrimos que temos costelas que protexen ao corazón, vimos un “guisante” que resulta que é a vesícula, tamén pensamos que os intestinos eran vermes….. En fin…. Aprendemos unha morea de cousas e rimos moito!



6 de mar. de 2024

Traballamos nos recantos da biblio en 2° de primaria

 Estivemos aprendendo a manexar a aula virtual, traballamos retos con Scratch, aprendemos a xogar co Robot Turtles, xogamos coa Osmo e tamén aprendemos as normas do Concept.





Día de Rosalía

O 24 de febreiro celebramos o Día de Rosalía xogando co seu poema de Follas Novas. 
Teño tres pitas brancas 
e un galo negro
que han de poñer bos ovos 
andando o tempo....

 

Esta é a peli que fixemos con el

As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas