26 de xuño de 2012

Así foi o curso de primeiro

Con este vídeo, no que os nenos e nenas de primeiro contanvos que cousas fixemos neste curso, despedímonos. 
 Vémonos en setembro, que agora compre descansar un pouco. Felices vacacións para todos e todas!! Bicos a moreas

22 de xuño de 2012

Oliver es una nena



Na clase de Primeiro contamos o conto  " Oliver Button es una nena" de Tomie de Paola.
Conta a historia de Oliver, un neno ao que non lle gustan as cousas que "se supón " que son de nenos. Por eso recibe as burlas dos seus compañeiros. Os seus pais o anotan a unha academia de baile, e os compañeiros escriben na parede do colexio "Oliver Button es una nena".
A profesora da academia de baile anota a Oliver a un concurso de talentos.
Ao final non gaña, e ao día seguinte non quere volver a escola. Pero cando chega, atopará escrito na parede: Oliver Button es una...estrella"
Vede como escriben o final do conto os nenos e nenas de Primeiro.


21 de xuño de 2012

Qué fan os de primeiro?

Preparan os seus cadernos de fichas. Porque son maiores, e saben facer moitas cousas solos.


Carta ao ratiño Pérez

A Breixo caeulle un dente na clase, e por moito que o buscou, non foi quen de atopalo. Que desgusto tiña!
Entón pensamos que o ratiño Pérez podería buscalo, xa que é tan pequeno que pode atopar un dente no chan da clase sen problema.
 Por eso decidimos duas cousas: pedirlle a Rosa a limpadora, que non barra a clase, por si acaso barre o dente ( ou ó ratiño). 
A outra cousa que decidimos era que Breixo tiña que escribirlle ao ratiño para que soubera o que pasou. 
A carta levoulla aos seus pais, porque teñen liña directa co ratiño Pérez. 
Que importante é saber escribir!!!
 Soluciona moitos problemas.


19 de xuño de 2012

Lecturas para o verán

Queridas familias:
Este curso tedes de novo a posibilidade de levar en préstamo durante o verán un lote de libros da biblioteca escolar.

Este lote estará formado por un máximo de 15 libros, e poderá permanecer nas vosas casas ata setembro.

Os libros podedes seleccionalos na biblioteca a partir do luns 18. 
Dúas nais, do equipo de apoio á biblioteca estarán alí para atendervos de  9  a 9:30, e de 13:30 a 14 h.

Tamén podedes collelos o día da entrega de notas, luns 25 de Xuño.
                                                                        

13 de xuño de 2012

Os de primeiro fomos curiosear a aula de segundo....

Os tres porquiños

Os nenos e nenas de Primeiro escribiron as súas versións do conto dos tres porquiños, e os ilustraron.
Cada vez o fan millor!

Os de segundo

Esta é a actuación dos nenos e nenas de segundo no festival das Letras Galegas do noso cole:

A que sabe a lúa?

Este é o vídeo da actuación de 1º de Primaria no fesitval das Letras Galegas do cole de Quintela.
A que o fixeron moi, moi ben?

11 de xuño de 2012

Imos á escola...de hai 50 anos



Aproveitamos a recreación de un aula de hai 50 anos que tivemos polo Centenario do colexio para sacarnos unhas fotos. Gustounos moito que os pupitres tiveran dentro un espazo para gardar cousas, e os pizarrins para escribir.Como dixo Juan, molan!!!

As formas

8 de xuño de 2012

Libro do mes

¡No quiero ir a la escuela!
Este é o último mes que escollemos libro favorito!!

E tal vez por iso, houbo empate na votación.

Os libros escollidos foron : "¡No quiero ir a la escuela!" de Stephanie Blake
e "¿Que es el amor?" de Anna Laura Cantone.


¿Que es el amor?
Tamén nos gustou moito "Tener amigos es divertido" de Row Lewis.,que quedou a un voto dos contos gañadores.
Tener amigos es divertido

Mandalas

Na clase de Primeiro e coa axuda da profe María,  fixemos unhas fermosas mandalas con poema incluido..Agora estamos gravando os poemas. Xa vos mostraremos o resultado!



As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas