20 de xuño de 2017

Un cómic con froita...

Na aula de 1º estivemos traballando a banda deseñada. Aproveitamos a semana da froita para usala como protagonistas.
Mirade que simpáticos nos quedaron!



16 de xuño de 2017

O CAN RIN E O LOBO CRISPÍN POLO ALUMNADO DE 1º CURSO

Os nenos e nenas de 1º, fixeron unha peli coa aplicación TOONTASTIC para Ipad do conto "O can Rin e o lobo Crispín" de Carlos Casares para a exposición interactiva que fixemos no cole. Quedoulles chulísimo!!!
Mirade, mirade!!!!


10 de xuño de 2017

1º VISITA A EXPOSICIÓN INTERACTIVA

Como todos sabedes, este ano a exposición sobre Carlos Casares ten contidos en realidade aumentada. Para velos, temos que ter a aplicación Aurasma descargada nos nosos dispositivos móbiles. 
O alumnado de primeiro, acompañado polos maiores do cole, estiveron vendo a exposición cos Ipad e gustoulles moito.




As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas