29/11/2013

1º aprende a xogar ao trompo

Polo San Martiño,

 trompos ao camiño.

Polo San Amaro, 

trompos ao faiado.

Á clase de 1º gustoulle tanto ver xogar os maiores do cole ao trompo que quixeron aprender. Empezaron por poñer o cordel e lanzar o trompo. O curso que vén perfeccionarán o lanzamento e verán de ser capaces de facelo bailar. 

Aparte de practicar no patio, tamén aprenderon o refrán co que empeza este texto e unha adiviña que di así:

Para que eu baile, póñenme a capa

porque sen capa, non podo bailar.

Para que eu baile, tíranme a capa

porque con capa, non podo bailar.

 


En 1º recibimos unha visita

O venres, 15 de novembro, tivemos unha sorpresa: visitounos Iroko, a nosa compañeira de Infantil que marchou para  outro colexio. Démonos moitos bicos e ademais non houbo que presentarlle os compañeiros e compañeiras novos porque xa se coñecían. Pasamos un bo rato con ela durante o recreo e a hora de ler, ata que a súa nai a veu buscar. Invitámola a vir outra vez.





 

28/11/2013

Natalia trae...

Un día de setembro, Natalia trouxo a clase ovos de pomba da casa da súa avoa.



25/11/2013

25 de novembro : Día Internacional da non violencia contra a muller

O 25 de novembro foi declarado pola ONU o día Internacional da Eliminación da violencia contra as mulleres.
Escolleuse ese día para lembrar as irmás Mirabal.


Para traballar a igualdade, vede aquí este traballo do noso alumnado:
 Rosa Caramelo, un conto de Adela Turín para tratar o tema do sexismo .

E este ano Kalandraka Editora publicou outro dos álbumes ilustrados desta autora: A Historia dos bonobos con lentes, outro fabuloso título sobre a igualdade e a coeducación:

04/11/2013

Samaín en 1º

Así celebramos o Samaín na clase de 1º:

02/11/2013

Samaín 2013

Un ano máis tentemos recuperar o tallado de cabazas para os máis pequenos. Debemos agradecer ás familias o seu apoio nesta iniciativa e a súa extraordinaria participación na exposición de cabazas.Sen a participación das familias os nosos obxectivos sempre quedan a medio camiño, por iso nos gusta e necesitamos contar con todas elas. Esta é unha pequena mostra:
As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas