28 de abr. de 2012

Quintela: 100 anos de escola

                   Quintela: 100 anos de escola en Moaña
                                         1912-2012
 4 de Maio de 2012
19 h. No CEIP Quintela 
Inauguración da exposición de fotos.
Presentación da recreación dunha aula tipo da metade do século pasado.
Ambas exposicións estarán abertas ao público do 4 ao 24 de maio, de 16 a 18 h.


20 H Centro Cultural Daniel Castelao.
Faladoiro "As nosas vivencias na escola"
Participarán: Elisa de la Peña, Pepe O Caramuxo, Modesta Fandiño, Pepe O Roxo e Filomena Lago.


Participa e comparte connosco os teus recordos.

27 de abr. de 2012

23 de abr. de 2012

En abril, contos: O soldadiño de chumbo

O soldadiño de chumbo, un conto de Hans Chistian Andersen, multipremiado nesta curtametraxe publicada na editorial Galaxia e  como homenaxe ao seu autor no mes do libro.

Os nosos contos favoritos 2º parte

22 de abr. de 2012

Contos de abril: os sete cabritos

O conto dos sete cabritos, da Editorial OQO:

21 de abr. de 2012

Na clase de Primeiro versionamos...a Carapuchiña

Os nenos e nenas de Primeiro fixeron as súas versións da Carapuchiña. Mirade que ben o fan:
Clicade enriba para velo en toda a pantalla, e logo idelle dando á frecha para ver o de todos.

20 de abr. de 2012

Papá, mamá, faime unha foto....

Como é habitual no mes de abril, pedimos a colaboración das familias nas diferentes actividades de fomento da lectura:
Esta vez nos gustaría que fotografiasedes aos vosos fillos e fillas lendo solo ou acompañado, no seu recanto favorito, no xardín, nalgún lugar especial ...
Xa temos algunha foto ben chula!!
Ao longo da semana que ven, iremos expoñendo as fotos nos corredores do colexio.
Aproveitamos para recordarvos que temos na biblioteca escolar unha exposición de libros cedidos polas librerías de Moaña,..Achegádevos para velos. Lembrade que o vindeiro luns é o día do libro, e as librerías fan un desconto especial.

En abril, contos: A que sabe a lúa

Este é un traballo de Tatiana Rivero sobre o conto "A que sabe a lúa", de Kalandraka.
Despois podes xogar con este LIM do Ceip Pazos de Ferrol.

19 de abr. de 2012

En abril, contos:A pota que trota

Outro conto da colección Contos do camiño, da editorial OQO

18 de abr. de 2012

En abril,contos: Fiz, o coleccionista de medos

Un dos nosos contos favoritos deste ano, Fiz, o coleccionista de medos, da editorial OQO

15 de abr. de 2012

Os contos favoritos de Primeiro

Xa sabedes que estamos no mes dos libros. Por iso, estes días trouxemos á clase os nosos contos favoritos. Cada un vaille mostrando  aos demais o seu conto. Aquí temos o primeiro vídeo. Estade atentos a seguinte entrega!!!:

13 de abr. de 2012

Qué parvos son os camaleóns!

Na clase de primeiro escolleron os seu libro e o seu poema favorito do mes de Marzo.
O poema resultou ser "O meu gato é un poeta" de Fran Alonso.

O meu gato
 é un poeta
e escribe
 porque
 lle peta.



O libro favorito do mes é "Qué parvos son os camaleóns!." de Pablo Prestifilippo, editado por Kalandraka.
Conta a historia dun neno que pensa que na súa casa hai un camaleón escondido,...e arma unha boa...
O libro gustoulles moito porque:

"E gracioso"
"O camaleón camúflase"
"O neno tamén se camufla ao final, pero a nai faille unha trampa co chocolate"

12 de abr. de 2012

A que sabe a lúa?

Os nosos libros favoritos


Con motivo da celebración do mes do libro, imos facer nas clases unha exposición dos noso libros favoritos, polo que precisamos que cada neno/a escolla un dos que teña na casa e o traia ó cole esta semana, para deixalo aquí ata fin de mes.
Moitas grazas!

1 de abr. de 2012

Aprendemos con Hugo

Hugo deunos unha completa explicación sobre as serpes con axuda do seu libro de serpes:
As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas