23/03/2013

Mes da poesía en segundo

Este ano dedicamos o mes da poesía a Rosalía de Castro, porque hai 150 anos que se publicou "Cantares gallegos". Na clase de segundo aprendemos o poema "Pasa río, pasa río":

15/03/2013

O que aprendemos dos "Cavernícolas"

Na clase de segundo aprendemos moitas cousas da evolución dos seres humanos e dos "cavernícolas".  Agora estamos contandolle  aos outros cursos cousas da prehistoria, porque fixemos un mural con moita información. Aquí estamos contándolle o que sabemos aos nenos e nenas de 5º de Infantil ( as chicharras):

12/03/2013

Rimas de amor

Extraordinaria foi a participación das familias na convocatoria de rimas de amor para os seus fillos. Unha vez máis agradecemos ás familias a colaboración que prestan nas nosas propostas e a boa disposición cara a lingua. Recibimos máis e cen rimas en galego dedicadas aos nosos alumnos e alumnas sin que a convocatoria mencionara expresamente este requisito. O Equipo de biblioteca e o de Dinamización Lingüística, valoran este feito moi positivamente e non poden deixar de felicitar a todas as familias por compartir palabras tan fermosas cos seus fillos. Aqui podemos ver algunhas das rimas:

Que facemos na biblioteca?

Cada semana imos á biblioteca. Collemos libros para levar para casa, contamos contos..., pero tamén aprendemos cousas dos libros: O título, o autor, a editorial,...(que é o máis difícil de buscar), e logo escribimos a nosa opinión sobre os libros. Mirade que maiores somos. Estamos cubrindo unha ficha sobre o libro contos de ratiños:

O xornal de primeiro, número de febreiro


Gústanos xogar á loteria.

Algúns venres, na hora de matemáticas, facemos trampa...
 En vez de ir a aula tic a facer xogos de matemáticas, quedamos na clase a xogar á lotería.


Agora cantamos nós os números. Gústanos moito, Bingo!!!

A voz de 2º curso, mes de febreiro

 Hai uns días que publicamos o número de febreiro de "A voz de segundo curso" . Aquí o tedes:

07/03/2013

Hoxe toca repasar

Clicade no cartel para entrar nos xogos de matemáticas que practicamos este curso:


E aquí tedes as táboas de multiplicar, para algúns de vós, que tedes moitas gañas de aprendelas:

05/03/2013

Este é o que vos falta

O luns fomos á biblioteca a mirar o noso correo. Tiñamos unha mensaxe dos nenos e nenas de 6º de Infantil do EEI Barrionovo da Coruña:
Nel pedíannos axuda para averiguar cal é o home que lles falta na súa árbore da evolución.





A nosa resposta vai neste vídeo, pero tamén vos enviamos esta imaxe que fotografiamos do libro "A prehistoria" de Nicholas Harris, editorial Sm.

01/03/2013

Inés del revés

Os nenos e nenas de segundo fan de contacontos para os compañeiros. Eles mesmos escollen o conto. Esta vez Hugo escolleu "Inés del revés":

Queridos nenos e nenas de 2º


COMO VOS VIVIDES AO LADIÑO DO MAR, GUSTARÍAME APRENDER MÁIS COUSAS SOBRE O MAR.
QUERÉDESME AXUDAR?

PODEDES DICIRME  COMO É O FONDO DO MAR?



Queridos nenos e nenas de 1º


COMO VOS VIVIDES AO LADIÑO DO MAR, GUSTARÍAME APRENDER MÁIS COUSAS SOBRE O MAR.
QUERÉDESME AXUDAR?

PODEDES DICIRME  QUE TIPOS DE BARCOS HAI?



FROITA!!!

En clase de estudo seguimos querendo aprender hábitos para mellorar o coidado do noso corpo. Por iso traballamos a pirámide NAOS  na aula de informática e logo na clase. Despois fixemos unha macedonia en clase. Riquísima!

As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas