26 de xuño de 2019

As pencas de Dopi


 O xoves día 20 de xuño, Águeda viu lernos un conto. Tratábase da historia de Dopi, un dragón con lunares, e da viaxe que fixo para entender que todos somos diferentes e que estas diferenzas son as que nos fan ser únicos.
Este era a primeira historia dun libro titulado "Emociones con cuento".





Moitas grazas, Águeda! 



Contacontos en segundo

Durante o mes de xuño tivemos a visita de dúas mamás que nos contaron un conto maravilloso: "Los piratas de isla Sarnosa". Foi un conto moi divertido e cunhas ilustracións simpatiquísimas. Temos que agradecerlles tamén a merenda tan saudable e deliciosa que nos trouxeron.

Moitas grazas, Yoli e Susana!


25 de xuño de 2019

Adiviñas


A clase de segundo, no outono, aprendeu unhas adiviñas. Seredes quen de resolvelas?

Xornada de Convivencia Escolar

O venres 14 de xuño a clase de segundo de primaria, xunto co resto de cole fumos pasar o día a Baiona. Unha xornada de convivencia onde paseamos ao redor do parador, visitamos a réplica da carabela Pinta e xogamos moito cos nosos compañeiros e compañeiras.

Merenda divertida e saudable!

Na hora da merenda, para celebrar o seu aniversario a nosa compañeira Paula trouxo filloas e froita. Moitas grazas e moitas felicidades!







24 de xuño de 2019

Xornada ce convivencia en Baiona

O venres, 14 de xuño, gozamos dunha estupenda xornada de convivencia en Baiona. Visitamos A Pinta, paseamos, xogamos e comemos no parque da Palma.



23 de xuño de 2019

Horas de lectura con Mayca

O xoves pasado Mayca veu contarnos á clase de 1º o último conto deste curso. Titulábase "Rato Pincho" e foi escrito por Gloria Sánchez.
Gustounos moito, coma todos os contos que nos relatou este curso. 
Moitas grazas Mayca por estes xoves tan entretidos na hora de lectura.

19 de xuño de 2019

12 de xuño de 2019

Madriñas e padriños de lectura en 1º

Aquí vos deixamos as últimas fotos que sacamos cos padriños e madriñas de lectura en 1º. Encantounos compartir cos maiores do cole estas sesións. 
Pasámolo moi ben!!!








11 de xuño de 2019

Hábitos saudables en 1° e 6° curso

Os nenos e nenas de primeiro fixeron macedonia e espetada de froita cos seus padriños e madriñas lectores de 6° curso, aproveitando as diversas froitas que degustamos no cole, dentro do Plan Proxecta: Aliméntate-ben.
Encantoulles!!





10 de xuño de 2019

Australia

Investigando sobre Australia, recollemos interesantes informacións:

CUBOMEDUSA: 




MUSARAÑA:













5 de xuño de 2019

Batido de amorodo con iogur natural en 2° curso


No colexio de Quintela dámoslle moita importancia á alimentación saudable, polo que todos os anos participamos no proxecto Aliméntate ben, dentro dos Plans Proxecta.
Esta semana merendamos todos froita no cole e aproveitamos esta gran oportunidade para facer un obradoiro de batido de amorodo con iogur natural.
Lavamos os amorodos, quitámoslles a folla, mesturamos co iogur, batemos e.... a merendar!
Foi moi divertido!!!







4 de xuño de 2019

Medramos sans con froita 2



CO AMORODO VOU Á ILLA DE COMODO.




GÚSTANOS O PLÁTANO.





ESE NÍSPERO COMO MOLA SE MERECE UNA OLA.


Cociñamos biscoito

Os nenos  e as nenas de segundo fixeron uns  biscoitos empregando amorodos. Foi  moi divertido!



3 de xuño de 2019

1º visita a exposición interactiva

A semana pasada as nenas e nenos de 1º visitamos a exposición interactiva sobre Antonio García Teijeiro. 
Gustounos moito!!!






As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas