27 de feb. de 2013

Saída a Vigo

O mércores fomos de excursión ao Porto de Vigo,para aprender cousas do mar,  e logo a Castrelos. Pasámolo moi ben.

22 de feb. de 2013

2ª surfea!

Os nenos e nenas de 2º curso estiveron surfeando no ximnasio, convertido nun enorme mar e cunhas olas grandísimas!
A verdade e que o fixeron moi ben.


19 de feb. de 2013

ENTROIDO EN 1º

17 de feb. de 2013

O xornal de primeiro

Os nenos e nenas de primeiro están facendo un xornal. Este é o número de xaneiro:


14 de feb. de 2013

Eles tamén investigan

Os nenos e nenas de 6º de Infantil do EEI Barrionovo están traballando nun proxecto sobre a Prehistoria. Imos entrar no seu blog, para ver que cousas aprenderon:

Descubrimos que eles tamén leron o libro "Un gorila para aprender" que tanto nos gustou a nós, ainda que nos parecía que os monos non estaban ordenados segundo a evolución.

7 de feb. de 2013

Programa de Entroido

Os nenos e nenas de segundo fixeron os carteis co programa do Entroido, para poñer nos corredores e entradas do cole.

A voz de segundo curso, número de xaneiro

Os nenos e nenas de segundo curso estan a facer de xornalistas. Xa sacaron o primeiro número do seu xornal.
Despois de unha reñida votación, acordaron que se vai chamar A VOZ DE SEGUNDO CURSO, e vai ter unha periodicidade mensual. No número de Xaneiro, a noticia foi redactada colectivamente, e tamén lles serviu para enviar aos nenos e nenas de segundo curso do CEIP Condesa de Fenosa do Barco de Valdeorras, cos que imos manter correspondencia.
En febreiro tentaremos publicar varias noticias.

Somos os piratas de segundo

Este ano imos disfrazarnos de piratas. Pero no corredor do noso cole, xa temos o barco, a illa, as palmeras,...fáltanos o cofre do tesouro, pero estamos niso...

6 de feb. de 2013

Os hamsters nos visitan de novo

Os nenos e nenas de 2º recibimos a visita da clase dos hamsters (6º de Infantil)
Viñan a preguntarnos como podían medir o tamaño dos seus pés. Mar propúxolles que miraran o nº que calzan para poder saber quenes teñen o pé mais grande, e quenes teñen o pé mais pequeno.
Logo eles deixararonos unha páxina do xornal , La voz de Galicia, na que traía unha noticia que pensaban que nos podía interesar:

As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas