Amosando publicacións coa etiqueta Proxecto animais. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Proxecto animais. Amosar todas as publicacións

5 de feb. de 2019

ThinkLink en 2º

Os nenos e as nenas de segundo estivemos investigando e aprendendo sobre as avespas. Esta é algunha  da información que recollemos.

Para iso empregamos a aplicación thinglink.

As avespas


1 de maio de 2013

Curiosidades sobre os animais

Na clase de 1º aprenderon un feixe de curiosidades sobre os animais. Hoxe invitaron aos  nenos e nenas de 2º a súa clase, e contaronlle cousas dos caracois, as formigas, os basiliscos, as xirafas, os peixes,....
Tamén lles propuxeron que intentaran adiviñar as respostas correctas a distintas cuestións dos animais. Estivo moi interesante!!!

28 de maio de 2012

Debuxamos animais

Os nenos e nenas de 1º debuxaron algúns dos animais que estamos estudando.

24 de maio de 2012

O mes da poesía na clase de Primeiro

Na clase de Primeiro, nos mes da Poesía, aprendemos poemas de animais:
"El lagarto y la lagarta" de Federico García Lorca, " O meu gato é un poeta", de Fran Alonso, e "O rato e a lúa" de Antonio García Teijeiro.

1 de abr. de 2012

Aprendemos con Hugo

Hugo deunos unha completa explicación sobre as serpes con axuda do seu libro de serpes:

24 de mar. de 2012

Breixo nos fala dos patos

Seguimos coas exposicións orais. Agora Breixo, que nos falas dos patos, utilizando un dos seus contos favoritos para ensinarnos cousas:

22 de mar. de 2012

Con Izan aprendemos cousas dos ornitorrincos

Na clase de primeiro estamos aprendendo cousas dos animais.
Cada día tócalle a un contarnos cousas do animal elexido.
Mirade que ben o facemos!!!

11 de xan. de 2012

Observamos un cadro

Este cadro é dun pintor chamado Briton Riviere. Chámase "Afinidade" Esta palabra quere dicir semellanza, parecido, igualdade nos gustos e nas opinións de dúas persoas.
Observadeo ben:
Falamos:
Que vos parece?
Onde están sentados?
Porqué estarán aí?
Que sinten?
Imos buscar na biblioteca libros de animais que expresen sentimentos,..


As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas