31 de xan. de 2017

Poemas de paz

Recibimos na clase de 1º a Iván e Aisha, de 3º de primaria, que nos recitaron o poema de Xosé Luis García "O neno e o xabarín"
Gustounos moito esta historia do xogo entre un xabarín ao que non lle gustaban as guerras e un neno.

22 de xan. de 2017

2º traballa o equilibrio en Educación Física

Que ben o pasamos o outro día xogando a carreiras con relevos sobre rodas. O motivo era traballar o equilibrio. Estivo xenial porque encántanos correr!



Toontastic na aula de 2º curso

Na aula de 2º seguimos co uso da aplicación para Ipad Toontastic, que nos permite facer pelis con personaxes que nós imos animando a medida que narramos a nosa historia. Cando consigamos dominalo un pouquiño mais, xa vos ensinaremos algunha das nosas producións.


19 de xan. de 2017

12 de xan. de 2017

O cómic en segundo

Os nenos e nenas de segundo traballamos en equipo entorno á actividade da Banda Deseñada!

Velaquí algúns exemplos:








As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas