24 de dec. de 2020

PANXOLIÑAS DO ALUMNADO DE 1º E 2º AOS REIS MAGOS

 Os Reis Magos viñeron  visitarnos o martes ao cole. Démoslle a nosa carta, cantámoslle unha panxoliña e eles trouxéronnos uns agasallos.







22 de dec. de 2020

Felicitación de Nadal de segundo


Os nenos e as nenas de segundo fixeron este fermoso traballo para desexarnos unhas felices festas. 
 

 

Felicitación de Nadal da clase de primeiro

A clase de primeiro dedícavos esta felicitación con moito agarimo  esperando que todos e todas teñamos un feliz Nadal


21 de dec. de 2020

Decímosvolo nós!

Hoxe presentámosvos a última edición do noso programa Decímosvolo nós! Chegou o momento de falar de todas esas cousas que empregamos a diario cando sentamos a comer. 
Veredes qué interesante!


17 de dec. de 2020

PLANTAMOS OS XACINTOS

Hoxe o alumnado de 1º de primaria plantos os bulbos dos xacintos. Agora toca regar, darlles moito cariño e esperar a que medren!!!

11 de dec. de 2020

Escornabot na aula de 1°


Os nenos e nenas de 1º estiveron estudando o corpo humano, en concreto, os ósos que forman o esqueleto.

Aprenderon moito e así o demostraron no xogo que fixemos cos escornabots, no que lle plantexamos unha cuestión, eles solucionaban levando o robot á resposta correcta e pegando o óso correspondente no esquema que tiñamos posto na parede. 

Estivo moi entretida a actividade. Gustoulles moito!


 

30 de nov. de 2020

Decímosvolo nós! A primeira comida do día.

 O alumnado de segundo curso de educación primaria fálanos da primeira comida do día, o almorzo. Pero atención, que hai outra palabra para nomeala.

29 de nov. de 2020

DIGICRAFT NO TEU COLE. XOGO DE PISTAS E MERGE CUBE EN 1º E 2º

 Que entretidos estivemos solucionando unha serie de pistas que Diodi nos enviou para abrir o cadeado da maleta na que ven gardado todo o material co que estamos traballando en clase.

Tivemos que descubrir os catro números solucionando unha serie de retos (coordenadas nun mapa, unha adiviña, papiroflexia e un quebracabezas). Unha vez aberta a maleta, entre outras cousas, atopamos os Merge Cube, cos que estivemos xogando.


27 de nov. de 2020

Decímosvolo nós! O xantar

Nesta ocasión o alumnado de segundo fálanos sobre ese momento que pasamos ao redor da mesa ao mediodía.

Pasámolo xenial na radio, esperamos poder volver máis veces!



25 de nov. de 2020

Plantamos Xacintos

 Os nenos e as nenas de segundo saímos ao patio para desfrutar do bo tempo e para levar as mans á... Terra!

Este ano plantamos xacintos, cada un escolleu a cor que máis lle gustou. Agora só temos que agardar a que medren!


Lois, Liah, Zaira, Pablo y Enzo Menduiña.

    Carmen, Valeria,  Enzo Gomez y Aroa.

Nahara, Ivanna, Aitor y  Iago.

Lucas, Uxia, Nicolas y Oscar.


24 de nov. de 2020

Decímosvolo nós!

Hoxe queremos presentarvos Radio Quintela. Dende os estudios desta emisora gravaremos o noso novo programa titulado Decímosvolo nós
Esperamos que vos guste moito!




 

20 de nov. de 2020

DIGICRAFT NO TEU COLE. VISITAMOS UN MUSEO VIRTUAL EN 1º E 2º

 Os nenos e nenas visitaron o museo Carmen Thyssen (Málaga) para buscar as cores perdidas dos cadros que lles demos. Tiñan que buscalos polos distintos espazos do museo e así, devolverlle a cor aos mesmos, pintándoos eles mesmos.

Estivo moi entretida esta actividade.





13 de nov. de 2020

DIGICRAFT NO TEU COLE. CONCEPTO DE NETIQUETA EN 1º E 2º

 Nesta sesión, os nenos e nenas de 1º e 2º aprenderon sobre o concepto de netiqueta, que quere dicir, comportamentos e regras que temos que cumprir como usuarios de tecnoloxía.

Fixéronno a traves de distintos xogos. 

Gustoulles moito!




10 de nov. de 2020

Visitamos a estación meteorolóxica

 Esta semana, os nenos e as nenas de segundo fomos visitar a estación meteorolóxica.

Alí vimos o termómetro que se emprega para rexistrar as tempetaturas e máis o pluviómetro.

Aquí vos deixamos algunhas fotos.



6 de nov. de 2020

DIGICRAFT NO TEU COLE. VIDEOXOGO CON SCRATCH EN 1º E 2º


 Os nenos e nenas de 1º e 2º xogaron a un xogo no cal tiñan que obter (cun moneco ou debuxo feito por eles e colocado no lapis) premios e esquivar un obstáculo (debuxado por eles) na aplicación Scratch.

Estivo moi entretido!


4 de nov. de 2020

Samaín de segundo

 Velaquí un pequeno vídeo da nosa visita a exposición de cabazas do samaín:




3 de nov. de 2020

Meteoquintela en 1º

 Todas as mañás, os nenos e as nenas de primeiro anotamos nas nosas axendas o estado do ceo. 

Para facelo temos que fixarnos nas anotacións que fan os maiores.

Esta mañá visitamos a nosa estación meteorolóxica.




O noso Samaín

 Ola familias, aquí vos deixamos as imaxes das nosas cabazas de Samaín.






2 de nov. de 2020

REALIDADE AUMENTADA NA AULA DE 1° CO QUIVER

Os nenos e nenas de 1º fixeron maxia na súa aula. Pintaron uns debuxos de cabazas e, ao enfocalos coa aplicación Quiver, as cabazas proxectáronse en realidade aumentada e bailaron!

Gustoulles moitísimo!




29 de out. de 2020

OS SALVAORELLAS DE 2°

 Os salvaorellas para soster as máscaras están en proceso de creación! Logo de facer o seu diseño en Tinkercad e pasalo ao formato compatíbel coa impresora, aquí están... imprimíndose!!!




27 de out. de 2020

2º CURSO COÑECE E EXPERIMENTA CO TINKERCAD

 Os nenos e nenas de 2º de primaria están deseñando unhas cintas para soster as máscaras detrás da cabeza sen ter que poñelas nas orellas. Van imprimilas na impresora 3D da biblioteca pero, para poder facelo, teñen que aprender a manexar a aplicación TINKERCAD que nos permite a impresión 3D.

E así estamos, aprendendo rápido e contentos co que fan. Xa veredes que fermosas impresións fan!






25 de out. de 2020

DIGICRAFT NO TEU COLE. APRENDEMOS A ORGANIZAR ARQUIVOS NOS DISPOSITIVOS DIXITAIS EN 1º E 2º

 Na sesión desta semana, o alumnado aprendeu que non existe un único modo de arquivar a información nos distintos dispositivos dos que dispoñemos para poder acceder a ela cando a precisemos, senón que existen diferentes xeitos de arquivar e todos son igual de válidos. Fixéronno a través dun xogo de cartas e un xogo dixital. 

Estivo moi entretido!


19 de out. de 2020

DIGICRAFT NO TEU COLE. AUGMENTED CLASS EN 1º E 2º DE PRIMARIA

A sesión desta semana pasada estivo dedicada a traballar a realidade aumentada a través da aplicación Augmented Class, mediante unha serie de debuxos e xogo vikingos. Estivo moi ben.




8 de out. de 2020

DIGICRAFT NO TEU COLE. SPECTACULAR EN 1° E 2° DE PRIMARIA


Esta sesión estivo dedicada a coñecer máis sobre a realidade aumentada. Nesta ocasión, o alumnado traballou coa aplicación Spectacular, que proxectaba no aire as máscaras que pintaron descargadas da páxina Quiver Mask.
Estivo moi entretida e rimos bastante!

DIGICRAFT NO TEU COLE. METAVERSE EN 1º E 2º DE PRIMARIA

 Este curso, o alumnado de 1º e 2º entra a formar parte do Proxecto DigiCraft no teu cole, fomentado pola Consellería de Educación e a Fundación Vodafone España. No mesmo, traballan a mellora da competencia dixital con material diverso e tabletas.

Xa comezamos a traballar e resulta moi atractivo e motivante para os nenos e nenas.

Aquí tedes un resumo desta primeira sesión.



6 de out. de 2020

Sonia Delaunay

SONIA DELAUNAY

Era pintora e deseñadora. 

Nació en  Ucrania. 

Chamábase Sarah pero despois cambiou de nome.

Su  marido  era pintor.

Usaban formas xeometricas e cores fortes.

Morreu  en 1979.

 Dibujaba muy bien.

Viajó mucho.


1 de out. de 2020

Benvida de 1º

 Ola familias, somos a clase de 1º.

Xa somos de primaria, que maiores!

Estamos aprendendo moitos hábitos de limpeza e a profe di que somos unha clase fantástica!

Esperamos ter un ano bonito e que vaia todo moi ben.

Tamén esperamos que vaia todo ben nas casas, depende de todos nós.

Un biquiño!!




30 de set. de 2020

Os equipos de traballo de segundo.

A  CLASE DE SEGUNDO FIXO 4 GRUPOS:

 

 

HOLA, SOMOS EQUIPO RATONCITO SOMOS AITOR IVANNA NAHARA E PABLO.

GÚSTANOS XOGAR CON LEGOS ESTUDIAR MATES Y DIBUJAR.

 

 

  EL EQUIPO SERPIENTE DORADA SOMOS ZAIRA LIAH LOIS ENZO M.

FIXEMOS O CARTAZ CON TESOIRAS PAPEL PINTURAS E ROTULADORES.

GUSTANOS IR O PATIO  E DEBUXAR E XOGAR COS AMIGOS.

TAMÉN NOS GUSTA IR A EDUCACIÓN FÍSICA, MERENDAR E XOGAR A PEIXES E COCODRILOS.

 

 

O EQUIPO QUINTELA SOMOS NICO, OSCAR, UXIA  E LUCAS.

 GUSTANOS  PACO  Y  NOS  ENCANTA  QUINTELA.    GUSTANOS  EDUCACIÓN FÍSICA.

TAMÉN NOS  GUSTA  JUGAR  AL  FUTBOL EN  EL  PATIO  Y  LA  CASITA.




O EQUIPO DE COELLO SOMOS VALERIA CARMEN ENZO Y AROA.

GUSTANOS JUGAR A OS LEGOS PINTAR IR A O PATIO SALTAR IR A E PARQUE.


25 de set. de 2020

Benvida de Segundo

 A clase de segundo démoslle a benvida a este novo curso con moita lectura, dentro e fóra da aula!



Ola,  este  conto   chámase   empanada  de mamut. 
Estamos dentro. Xa somos de segundo e estamos no piso de arriba.


Ola,  somos  os  nenos    de  segundo. Este día saímos ler o  libro titulado  Igor.


19 de xuño de 2020

UNHA SORPRESA...

Un feliz verán!
Esperámosvos en setembro con moitas ganas e ilusión!



15 de xuño de 2020

Propostas para xogar ao aire libre e coas simetrías

Temos dúas propostas para vós

Unha de actividades de simetrías e lateralidade 



Outra de manualidades para xogar ao aire libre 




ACTIVIDADE 1º E 2º


BOS DÍAS CLASE DE 1º E 2º!

ESTE CURSO ESTÁ CHEGANDO AO SEU FIN E HOXE SERÁ O ÚLTIMO DÍA QUE NÓS, VICTORIA E GLORIA,  PROPOÑEMOS ACTIVIDADES.

PERO ANTES QUEREMOS FELICITARVOS DE NOVO POLO BEN QUE VOS PORTASTES E
TRABALLASTES DESDE AS VOSAS CASAS.
QUEDAMOS ENCANTADAS DAS TAREFAS TAN FERMOSAS QUE NOS MANDASTES!
PAQUIÑO SEMPRE ESTIVO MOI ENTRETIDO VENDO OS VOSOS TRABALLOS E APRENDENDO UNHA CHEA DE COUSAS.

HOXE TEREDES QUE RESOLVER UNHA SERIE DE PREGUNTAS E PROBAS SE O VENRES QUEREDES TER UNHA GRAN SORPRESA:

ESTAMOS SEGURAS DE QUE O FACEDES XENIAL, ÁNIMO!

DESEXÁMOSVOS QUE O PASEDES MOI BEN NO VERÁN PORQUE O MERECEDES UN MONTÓN E EN SETEMBRO VERÉMONOS DE NOVO.

MOITOS BICOS E APERTAS!

12 de xuño de 2020

Matemáticas para 1º

Buenos días!
Acabamos la semana y es la penúltima!

Nos toca resolver unos problemas, pero son muy sencillos!
http://www.penyagolosaeduca.com/ca/cuantos-animales-quedan-en-la-granja-1-10/

El reto de hoy:

Un pastor tiene que pasar un lobo, una cabra y una lechuga a la otra orilla de un río, dispone de una barca en la que solo caben el y una de las otras tres cosas. Si el lobo se queda solo con la cabra se la come, si la cabra se queda sola con la lechuga se la come, ¿cómo debe hacerlo?.

Matemáticas 2º de primaria

Bos días nenas e nenos!
Esta mañá ímola dedicar a repasar contidos matemáticos.
Na parte inferior da páxina, se queredes, permítevos facer máis actividades  do mesmo tipo.
Premede nos enlaces

Series de 2 en 2 
https://matesdeprimaria.es/series.php?series=2&g=G33&d=veinte-numeros-de-0-a-999-Saltos-de-2


Problemas
https://matesdeprimaria.es/problemas.php?problemas=3&g=G10&n=3&d=sumar_y_restar_llevando


Anterior y posterior
https://matesdeprimaria.es/anterior_posterior.php?nivel=4&g=G37&d=diez-numeros-de-99-a-999


Ordena de nenor a mayor
https://matesdeprimaria.es/ordenar.php?orden=7&g=G40&d=veinte-numeros-de-99-a-999-de-menor-a-mayor

10 de xuño de 2020

ENGLISH CLASS


Saltón no camiño

Bos días, nenos e nenas

Hoxe gustaríame que me falárades do libro SALTÓN NO CAMIÑO. 

Contádeme se:
 1. Xa léchedes todas as historias ou só algunha delas.
 2. Cal foi a que máis vos gustou.
 3. Se poidérades cambiarlle o nome a algunha persoaxe, cal sería e como a chamarías?
 4. Arnold Lobel é a persoa que escribiu este libro. É un home ou unha muller? Como o sabes?
 5. Cámbialle o título ao libro.
 6. Debuxa unha portada diferente.

Lingua Galega 2º de primaria

Bos días clase de 2º

Esta mañá toca repasar as sílabas CE/CI
As actividades que vos resulten un pouco complicadas, deixádeas sen completar.

Premede no enlace para facer as actividades
http://chiscos.net/almacen/lim/ortografi_a1/ortografi_a.html

Nestoutro enlace repasaremos o vocabulario e o uso ortográfico do Z
 http://chiscos.net/almacen/lim/ortografi_a9/ortografi_a.html


9 de xuño de 2020

ACTIVIDADE PLÁSTICA para 1º e 2º de E.P.

Bos días nenas e nenos de 1º e 2º!!
Xa estamos na penúltima semana de clase, e non quería despedir o curso sen renderlle unha pequena homenaxe ás nosas queridas mascotas, que nos axudaron tanto nesta etapa de confinamento, dende facernos compañía, como antídoto ante o aburrimento, ata estimular o contacto físico e a comunicación.
Así que, o meu reto de hoxe é recrear, mediante a arte xaponesa de pregado de papel denominado: PAPIROFLEXIA ou ORIGAMI, unha das nosas mascotas preferidas do noso cole: Os CANS.
A continuación déixovos os seguintes vídeos para construíla.
  • O primeiro é para ensinarvos a facer o cadrado do papel, que  ides  necesitar para crear a vosa mascota.
  • O 2º video  explícavos como facela.

Lembrarvos que nesta técnica é moi importante a Concentración, a Paciencia e a Coordinación da Man e dos vosos Ollos!!!.
Ánimo, a Divertirse e a Crear!!.






Ciencias Naturais en 1º e 2º

Bos días nenas e nenos!

Esta mañá en Ciencias Naturais:
"COIDAMOS O NOSO ENTORNO"
En primeiro lugar imos ver este vídeo para coñecer a un investigador mariño chamado 
JACQUES COUSTEAU

  Premede no enlace para ver o vídeo
https://www.rtve.es/infantil/serie/lunnis/video/lunnis-leyenda-jacques-cousteau/4789304/

Despois de ver este vídeo deberedes:
  1. Elaborar un traballo titulado "COIDAMOS O NOSO ENTORNO" no que nos contedes que podedes facer vós para coidar o entorno e non contaminalo.
  2. Pensade que podedes facer desde a vosa casa, desde o colexio , cando ides  mercar, cando ides á praia, ao monte, ao parque,...
  3. Como mínimo deberedes aportar cinco ideas para coidar o entorno.
  4. É importante que escribades a idea e a acompañedes dun debuxo ou imaxe..
  5. Plasmade o traballo nun papel A4. 
  6. Podedes facelo á man ou nun programa de ordenador .
  7. Este vídeo, que vos deixamos a continuación, poderavos guiar no voso  traballo, pero seguro que vós tedes moi boas ideas. 
  8. Enviádenos foto ao longo desta semana.

8 de xuño de 2020

Practicamos Ritmo e Vocalización

Olelé  é  unha canción africana (Congoleña)  sinxela de  entoar e permite  traballar ou ritmo e a ambientación sonora. A canción procede  dun  conto non que vos pescadores  voltan  ás  súas casas  coas  mans  baleiras e  vanse a  outro lugar.  Cando a  corrente  é  moi  forte e  hai que remar duro invocan  ao  seu  rei que media  cos espíritos dous devanceiros. Esta canción significa que,  aínda que vos tempos  sexan difíciles, remando  xuntos, remontaremos  as dificultades.





Aquí tedes outras cancións para seguir practicando




             

Lengua castellana para 1º de primaria

!BUENOS DÍAS, CLASE DE PRIMERO!

¿PREPADAS PARA EMPEZAR?

PARA TERMINAR OS DEJO UN JUEGO DE OBSERVACIÓN. LEED LAS PISTAS Y A BUSCAR!

Lengua castellana 2º de primaria

Benvidas e benvidos a esta penúltima semana de clase!

Hoy en lengua castellana  nos tocan actividades online
No es necesario que mandéis foto

Creamos oraciones
https://www.mundoprimaria.com/juegos-educativos/juegos-lenguaje/juego-crear-oraciones

Ordenamos alfabéticamente
https://www.mundoprimaria.com/juegos-educativos/juegos-lenguaje/juego-orden-alfabetico

Formamos palabras
https://www.mundoprimaria.com/juegos-educativos/juegos-lenguaje/juego-anadir-letras

Finalmente nos toca ler algo sobre los ornitorrincos.y responder unas cuestiones
https://www.mundoprimaria.com/lecturas-para-ninos-primaria/el-ornitorrinco







5 de xuño de 2020

Matemáticas 2º de primaria

Buenos días clase de 2º!

Esta mañá é día 5 de xuño e toca felicitar a Aitana:
Parabéns polo teu aniversario, Aitana.

Desculpa que me despistei a primeira hora 

Terminamos esta semana con matemáticas
Trabajaremos en Aula Activa, ya sabéis como acceder.

Iremos al 2º trimestre
C. Evalúo mis competencias

Apartado 1 ( 6 puntos azules)

L. Evalúo mis logros

Apartado 1 ( hacéis las restas en papel y mandáis foto )

Apartado 3 ( hacéis las operaciones en forma de suma) Tenéis un ejemplo en la captura siguiente
Apartados 4, 5 y 6
Mandáis foto del apartado 3
El reto de hoy
En este juego de trenes hay que ayudar a la maquinista, que está un poco despistada.

Si os apetece en estos enlaces podéis repasar gráficas y enunciados posibles-imposibles
 https://www.mundoprimaria.com/juegos-educativos/juegos-matematicas/juego-comprension-datos-graficas

https://www.mundoprimaria.com/juegos-educativos/juegos-matematicas/juego-posibles-imposibles

Pasade unha boa finde!



Matemáticas 1º

Bos días, clase de primeiro:

Hoxe non traballaremos con libro de matemáticas. Pola contra teremos que debuxar. 
LEMBRÁDESVOS DO QUE É UN PLANO? HOXE IDES DEBUXAR O PLANO DA VOSA HABITACIÓN.
1º BUSCADE SE TEDES UN PAPEL CADRICULADO.
2º OBSERVADE A HABITACIÓN.
3º MEDIMOS CON PASOS.
4º DEBUXAMOS: CADA PASO UN CADRIÑO.
5º MARCAMOS ONDE ESTÁ A PORTA E ALGUNHAS COUSAS GRANDES: CAMA, ESCRITORIO.

Como exemplo podedes ver este plano da clase de primeiro.

Para rematar deixovos este XOGO DE TRENS, teredes que axudar un pouco á maquinista, que está despistada! 
O reto matemático de hoxe consiste nun xogo de pensar:

1º Lévanos de viaxe.

Os destinos recomendados polo alumnado da clase de primeiro:
Pulsando enriba do símbolo máis, o símbolo da suma   , poderedes ver as recomendacións dos nenos e das nenas da clase de primeiro.

Se pulsades enriba da imaxe do traballo poderedes vela un chisco máis grande.

2º lévanos de viaxe

Aquí vos deixo os estupendos traballos que fixestes recomendando lugares de Galicia para visitar.

4 de xuño de 2020

ENGLISH CLASS


3 de xuño de 2020

Lingua Galega para 1º

BOS DÍAS CLASE DE 1º,

HOXE TÓCANOS TRABALLAR LINGUA GALEGA, DEIXOVOS VER UN VÍDEO DA CANLE CARANVEXOTV, DOS NOSOS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS DO COLE DE VERDUCEDO:



ELES ATOPARON UNHA PALABRA CON CADA LETRA DO ABECEDARIO, SEREDES QUEN VOS DE ATOPAR OUTRAS? 

ÁNIMO!


ALGUNHAS PISTAS;

Lingua Galega 2º de primaria

Bos días clase de 2º

Esta mañá en lingua galega toca "ADIVIÑAR".
As nosas compañeiras e compañeiros de 6º de primaria prepararon unhas adiviñas para agasallarnos nas Letras Galegas  e agora tócavos escoitalas e intentar acertar.

Espero que atopedes todas as solucións!
Non é necesario que enviedes a tarefa



MÚSICA 1º e 2º


Bos días, rapaces e rapazas. Aquí vos deixo algunhas actividades musicais. Que vos divirtades. Un saúdo.
- Comecemos repasando as notas musicais e onde se colocan no pentagrama con esta canción.
- Agora que vimos onde se poñen as notas musicais no pentagrama, a ver si as lembramos neste xogo de memoria. Debes de emparellar cada nota musical co seu nome. Ánimo que seguro que lembras moitas delas.
- Seguimos cun xogo para adiviñar sons ascendentes (os que suben) e sons descendentes (os que baixan). Moita atención, e a xogar!!!
- Rematamos cantando a canción da regra dos tres “R” ecolóxicos (Reducir, Reutilizar e Reciclar) xa que este venres 5 de xuño celebramos o Día Mundial do Medio Ambiente. Non desaproveitemos a ocasión de colaborar na tarefa de coidar o noso planeta azul para asegurar agora e no futuro un hábitat máis limpo, verde e san. A cantar!!!
As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas