5 de xuño de 2020

Matemáticas 1º

Bos días, clase de primeiro:

Hoxe non traballaremos con libro de matemáticas. Pola contra teremos que debuxar. 
LEMBRÁDESVOS DO QUE É UN PLANO? HOXE IDES DEBUXAR O PLANO DA VOSA HABITACIÓN.
1º BUSCADE SE TEDES UN PAPEL CADRICULADO.
2º OBSERVADE A HABITACIÓN.
3º MEDIMOS CON PASOS.
4º DEBUXAMOS: CADA PASO UN CADRIÑO.
5º MARCAMOS ONDE ESTÁ A PORTA E ALGUNHAS COUSAS GRANDES: CAMA, ESCRITORIO.

Como exemplo podedes ver este plano da clase de primeiro.

Para rematar deixovos este XOGO DE TRENS, teredes que axudar un pouco á maquinista, que está despistada! 
O reto matemático de hoxe consiste nun xogo de pensar:

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixa aquí os teus comentarios

As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas