26 de abr. de 2024

Seguimos contando cosas familias

 Como disfrutamos dos contos da man das familias, esta vez con  Raquel.

Tróuxonos dous libros deliciosos, El abejoso e El cocodrilo que vino a cenar.

Moitas grazas Raquel!






As familias contan

 Un novo conto  compartido polas familias. Jeny contounos  A máscara de león , amósanos como empregar os sentimentos para relacionarnos.






As familias contan en primeiro

 No mes de abril a nosa hora do conto foi moi especial, ao contar coa visita das familias.

Olga tróuxonos un bonito libro sobre un segredo que nos encantou.





6 de abr. de 2024

Cosemos!

 Na clase de 2º, aprendemos a coser. Cosemos en cartóns con debuxiños e buratos marcados, en grupos pequenos, de 5 ou 6 nenos e nenas. Así, resúltanos más doado. Primero, aprendemos a facer nós e a enfiar, e, logo, xa cosemos, que é o que más nos gusta. Finalmente, decoramos as nós as creacións. Mirade que fermosura!






3 de abr. de 2024

Día da poesía 2024

O día da poesía tivemos un encontro cos nosos amigos lectores para recitarlles un poema e agasallalos cun poema e unha flor. O alumnado de primeiro e cuarto citámonos na biblio para compartir poemas. Foi moi emotivo.

Recantos STEAM na biblio para 2° de primaria

 Seguimos aprendendo moito nos distintos recantos que temos na biblio. Canto nos gusta entrar na aula virtual e facer actividades das distintas materias, pero non nos gustan menos os retos de Scratch e os xogos coas Osmo. O Concept Kids tamén nos ten moi entretidos.





1 de abr. de 2024

Os nosos carballos

 No outono, plantamos landras en cartóns de leite. Medraron uns carballiños fermosos. Agora, trasplantámolos a macetas máis grandes, feitas coas garrafas de auga que pedimos ás familias. Coidaremos  as nosas pequenas árbores ata o próximo curso, cando as levaremos ao monte para que medren e medren!





As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas