Onte lemos na clase o conto "Tener amigos es divertido".de Rob Lewis.
Ambrosio, un coello, acaba de mudarse de casa, e quere facer amigos. Ao principio non sabe facelo moi ben, pero pronto aprende.
Despois de ler o libro, falamos do divertido que é ter amigos, e de como nos axudan.
Amosando publicacións coa etiqueta Curso 2011-2012 b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Curso 2011-2012 b>. Amosar todas as publicacións
10 de dec. de 2012
6 de xul. de 2012
26 de xuño de 2012
Así foi o curso de primeiro
Con este vídeo, no que os nenos e nenas de primeiro contanvos que cousas fixemos neste curso, despedímonos.
Vémonos en setembro, que agora compre descansar un pouco. Felices vacacións para todos e todas!! Bicos a moreas
Vémonos en setembro, que agora compre descansar un pouco. Felices vacacións para todos e todas!! Bicos a moreas
25 de xuño de 2012
22 de xuño de 2012
Oliver es una nena
Na clase de Primeiro contamos o conto " Oliver Button es una nena" de Tomie de Paola.
Conta a historia de Oliver, un neno ao que non lle gustan as cousas que "se supón " que son de nenos. Por eso recibe as burlas dos seus compañeiros. Os seus pais o anotan a unha academia de baile, e os compañeiros escriben na parede do colexio "Oliver Button es una nena".
A profesora da academia de baile anota a Oliver a un concurso de talentos.
Ao final non gaña, e ao día seguinte non quere volver a escola. Pero cando chega, atopará escrito na parede: Oliver Button es una...estrella"
Vede como escriben o final do conto os nenos e nenas de Primeiro.
21 de xuño de 2012
Carta ao ratiño Pérez
A Breixo caeulle un dente na clase, e por moito que o buscou, non foi quen de atopalo. Que desgusto tiña!
Entón pensamos que o ratiño Pérez podería buscalo, xa que é tan pequeno que pode atopar un dente no chan da clase sen problema.
Por eso decidimos duas cousas: pedirlle a Rosa a limpadora, que non barra a clase, por si acaso barre o dente ( ou ó ratiño).
A outra cousa que decidimos era que Breixo tiña que escribirlle ao ratiño para que soubera o que pasou.
A carta levoulla aos seus pais, porque teñen liña directa co ratiño Pérez.
Que importante é saber escribir!!!
Soluciona moitos problemas.
Entón pensamos que o ratiño Pérez podería buscalo, xa que é tan pequeno que pode atopar un dente no chan da clase sen problema.
Por eso decidimos duas cousas: pedirlle a Rosa a limpadora, que non barra a clase, por si acaso barre o dente ( ou ó ratiño).
A outra cousa que decidimos era que Breixo tiña que escribirlle ao ratiño para que soubera o que pasou.
A carta levoulla aos seus pais, porque teñen liña directa co ratiño Pérez.
Que importante é saber escribir!!!
Soluciona moitos problemas.
19 de xuño de 2012
Lecturas para o verán
Queridas familias:
Este lote estará formado por un máximo de 15 libros, e poderá
permanecer nas vosas casas ata setembro.
Este curso tedes de novo a posibilidade de levar en préstamo
durante o verán un lote de libros da
biblioteca escolar.
Os libros podedes seleccionalos na biblioteca a partir do luns
18.
Dúas nais, do equipo de apoio á biblioteca estarán alí para atendervos de 9 a 9:30, e de 13:30 a 14 h.
Tamén podedes collelos o día da entrega de notas, luns 25 de Xuño.
Etiquetas:
Avisos,
Curso 2011-2012,
Fomento da lectura
15 de xuño de 2012
13 de xuño de 2012
Os tres porquiños
Os nenos e nenas de Primeiro escribiron as súas versións do conto dos tres porquiños, e os ilustraron.
Cada vez o fan millor!
Cada vez o fan millor!
Os de segundo
Esta é a actuación dos nenos e nenas de segundo no festival das Letras Galegas do noso cole:
A que sabe a lúa?
A que o fixeron moi, moi ben?
11 de xuño de 2012
Imos á escola...de hai 50 anos
Aproveitamos a recreación de un aula de hai 50 anos que tivemos polo Centenario do colexio para sacarnos unhas fotos. Gustounos moito que os pupitres tiveran dentro un espazo para gardar cousas, e os pizarrins para escribir.Como dixo Juan, molan!!!
8 de xuño de 2012
Libro do mes
![]() |
| ¡No quiero ir a la escuela! |
E tal vez por iso, houbo empate na votación.
Os libros escollidos foron : "¡No quiero ir a la escuela!" de Stephanie Blake
e "¿Que es el amor?" de Anna Laura Cantone.
![]() |
| ¿Que es el amor? |
![]() |
| Tener amigos es divertido |
Mandalas
Na clase de Primeiro e coa axuda da profe María, fixemos unhas fermosas mandalas con poema incluido..Agora estamos gravando os poemas. Xa vos mostraremos o resultado!
Etiquetas:
1º de Primaria,
Competencia artística,
Curso 2011-2012
28 de maio de 2012
Xa somos 16
Esta semana estivemos moi ocupados na clase de 1º. Temos unha nova compañeira, que se chama Sabina. Ela ven de outro pais, e entre todos lle axudamos a aprender o noso idioma.Aprende moi rápido!
Estamos un pouco nerviosos e moi contentos de ter unha nova amiga.
Estamos un pouco nerviosos e moi contentos de ter unha nova amiga.
Etiquetas:
1º de Primaria,
Competencia emocional,
Curso 2011-2012
24 de maio de 2012
Festa en Moaña
O 14 de maio participamos na festa do Correlingua, que se celebrou por primeira vez en Moaña. Asistimos a un concerto de grupo Pesdelán, organizado polos equipos de Dinamización Lingüística en colaboración coa Federación de ANPAS de Moaña e a Comunidade de montes de Domaio. Foi unha xornada moi divertida.Non paramos de mover o esqueleto.
Etiquetas:
Celebracións: O correlingua,
Curso 2011-2012,
Saímos da escola
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas









