Amosando publicacións coa etiqueta Adaptación á Primaria. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Adaptación á Primaria. Amosar todas as publicacións

4 de xuño de 2026

VISITA A PRIMEIRO

 Dentro das actuacións do Plan de Acollida para favorecer a transición do alumnado de 6.º de Educación Infantil a Educación Primaria, realizamos unha visita á aula de 1.º curso.

Durante a actividade, o alumnado de 1.º preparou unha exposición na que nos mostrou e explicou diferentes aspectos da súa aula e da súa dinámica diaria: o material que utilizan, a organización do estoxo, onde gardan as mochilas, a biblioteca de aula, os xogos, as libretas, a distribución e almacenamento dos materiais escolares e das pinturas, así como as rutinas diarias, a asemblea e o horario escolar.

Este intercambio resultou moi enriquecedor, xa que permitiu achegar información de primeira man e reducir posibles medos ou incertezas.

Posteriormente, aproveitando que a aula estaba libre, o alumnado puido explorar o espazo, interactuar cos diferentes materiais e xogar libremente nel, favorecendo así unha primeira toma de contacto co que será a súa futura aula e contribuíndo a unha adaptación máis segura e positiva á nova etapa educativa.





20 de xuño de 2018

Avaliación de Primaria

O alumnado de primeiro curso de educación primaria contan qué cousas fixeron durante este primeiro ano, e cales foron as novidades con respecto a infantil.


21 de xuño de 2013

Que ben o pasamos en 1º!

Aquí tedes un resumo do que fixemos. Canto aprendemos!
Así despedímonos ata o vindeiro curso. Bicos a mares!

26 de xuño de 2012

Así foi o curso de primeiro

Con este vídeo, no que os nenos e nenas de primeiro contanvos que cousas fixemos neste curso, despedímonos. 
 Vémonos en setembro, que agora compre descansar un pouco. Felices vacacións para todos e todas!! Bicos a moreas
As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas