Bos días nenas e nenos!
Esta mañá en Ciencias Naturais:
"COIDAMOS O NOSO ENTORNO"
En primeiro lugar imos ver este vídeo para coñecer a un investigador mariño chamado
Premede no enlace para ver o vídeo
https://www.rtve.es/infantil/serie/lunnis/video/lunnis-leyenda-jacques-cousteau/4789304/
Despois de ver este vídeo deberedes:
- Elaborar un traballo titulado "COIDAMOS O NOSO ENTORNO" no que nos contedes que podedes facer vós para coidar o entorno e non contaminalo.
- Pensade que podedes facer desde a vosa casa, desde o colexio , cando ides mercar, cando ides á praia, ao monte, ao parque,...
- Como mínimo deberedes aportar cinco ideas para coidar o entorno.
- É importante que escribades a idea e a acompañedes dun debuxo ou imaxe..
- Plasmade o traballo nun papel A4.
- Podedes facelo á man ou nun programa de ordenador .
- Este vídeo, que vos deixamos a continuación, poderavos guiar no voso traballo, pero seguro que vós tedes moi boas ideas.
- Enviádenos foto ao longo desta semana.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixa aquí os teus comentarios