Estivo falándonos das abellas, da función de cada unha delas, da súa organización e da importancia que teñen na nosa vida grazas á polinización.
Miramos e tocamos unha colmea de abellas e decatámonos da diferenza de peso cando están valeiras e cando teñen mel.
Tamén nos falou das diferenzas que hai entre a vespa crabro que é a vespa autóctona e a vespa velutina ou vespa asiática e do perigo que esta última supón para o equilibrio da nosa natureza.
Colmea de vespa velutina ou asiática.
Moitas grazas Fran pola túa visita e por esta charla tan interesante.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixa aquí os teus comentarios