Os nenos e as nenas de primeiro, por equipos, estivemos buscando información sobre os embarazos. O que nos pareceu máis interesante apuntámolo e por último compartímolo cos compañeiros e compañeiras.
31 de xan. de 2025
30 de xan. de 2025
Día da Paz
Hoxe conmemoramos no cole o Día da Paz coa visita dos pallasos de hospital Galiclown que nos fixeron rir moito.
Galiclown é unha asociación sen ánimo de lucro formada por voluntarios e voluntarias que dedican o seu tempo de lecer a visitar o hospital e facer rir e pasar un bo rato ás nenas e nenos alí hospitalizados.
Grazas por visitarnos e facernos rir tanto!
Ademais o alumnado lanzou avións de papel con mensaxes de paz
Etiquetas:
Celebracións: A Paz,
Curso 2024-2025
23 de xan. de 2025
Apadriñamento lector
O alumnado das clases de segundo e sexto de Primaria gozamos onte do apadriñamento lector organizado pola biblioteca do cole.
Xuntos compartimos as nosas lecturas favoritas.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas