Os cando en cando debemos pornos ao día e ver que nos contan os compañeiros e compañeiras doutros coles.
¡Viva o Caranvexornal!
Os cando en cando debemos pornos ao día e ver que nos contan os compañeiros e compañeiras doutros coles.
¡Viva o Caranvexornal!
O 21 de marzo, no Día da Poesía, o alumnado de Quintela, intercambiou uns fermosos poemas dramatizados cos seus padriños e madriñas lectores. Unha vez recitados os poemas, intercambiaron cos seus amigos e amigas os poemas e unha flor feita por eles.
As caléndulas, os amorodos, as leitugas, os allos porros e as remolachas siguen en pé a pesar do temporal que tivemos esta fin de semana.
Pronto teremos que quitar malas herbas para que medren como merecen!
Moi fermosas as flores que fixeron as nenas e nenos de 2º de primaria para agasallar, xunto cun poema, aos seus padriños e madriñas lectores no Día da Poesía.
Empregaron a aplicación Doodle 3D para diseñar, pasaron os diseños á impresora 3D e puxéronse a imprimir. Por último, metidas nun sobre, deron unha flor e un poema a cada padriño e madriña lector.
Como nos gusta facer a devolución de libros na biblioteca escoitando o “pip” que fai o lector do código de barras…
O venres fomos visitar as laranxeiras.
Recollemos este sabedoiro froito e aproveitamos para facer un riquísimo zume.
Logo de prepararnos o terreo e dividilo en parcelas, o alumnado do primeiro ciclo fomos plantar amorodos, remolachas, leitugas, caléndulas e chícharos.
Grazas Juan por axudarnos a preparar o terreo da horta.
Os nenos e as nenas de primeiro de primaria puideron desfrutar hoxe da compañía dos maiores do cole. Durante a hora de ler compartiron a biblioteca e o amor polos libros.
Aquí vos deixamos una mostra.
A piques de rematar a tempada de entroido, deixámosvos as fotos de grupo de este entroido.
No cole, conmemoramos o Día da Muller aprendendo sobre “Mulleres no teatro”. Cada aula fixo a súa investigación e, posteriormente, fixemos un mural no que amosaron os seus traballos.