28 de abr. de 2015

Bea vén contarnos un conto

Bea, a mamá de Aldara fixo unha visita á clase de 1º.
Pasámolo moi ben!
Contounos un conto chulísimo!
Traía feitas todas as personaxes e unha delas era un crebacabezas.
Ao final deixounos facelo a nós!!



Unha contacontos especial

Recibimos  a visita dunha contacontos moi especial. A mamá de Samuel de 3º, Astrid, veu polas clases a contarnos un conto en inglés porque ela fala moi ben o inglés, xa que naceu en Norteamérica e sabe contar  moi ben. Aprendemos unha canción cos nomes das cores e, por nós, pode vir máis veces.
Moitas grazas de parte da clase de 2º. As fotos din como estabamos atendendo.




9 de abr. de 2015

1º planta na horta

Onte, os nenos e nenas de primeiro, estivemos traballando na horta. Tocounos plantar leitugas e cabaciñas.
Aquí tedes unhas fotos que mostran o entretidos que estivemos e o moito que aprendemos.

25 de mar. de 2015

2º recita un poema conto


Participamos nas actividades do mes da poesía aprendendo o conto popular rimado: 


" O piollo e a pulga "

Debaixo está unha gravación do poema.



17 de mar. de 2015

Eclipse solar

O venres 20 de marzo, data na que remata o inverno, teremos no noso ceo un fenómeno dos máis curiosos e excepcionais da astronomía: un eclipse solar total.
Desde a biblioteca queremos acompañar este día de ciencia cun pouco de poesía, xa que ambas datas coinciden esta ano. Aquí deixamos unha pequena recompilación de poemas onde o sol é o protagonista:

27 de feb. de 2015

Entroido en 2º




En 2º xogamos aos torneos medievais despois de merendar.

8 de feb. de 2015

DÍA DA PAZ

4 de feb. de 2015

1º RECITA NO DÍA DA PAZ

Os nenos e nenas de 1º prepararon un poema para recitar aos compañeiros do colexio no Día da Paz.

2 de feb. de 2015

Poema da Paz

En 2º aprendemos o poema " Só tres letras " da poeta Gloria Fuertes e recitámosllo a todas as clases nas que tiñamos irmás ou irmáns. A profe Katy gravounos e quedou así.

28 de xan. de 2015

1º DAMOS OS BOS DIAS CON PAZ

Hoxe a clase de primeiro visitamos aos nenos e nenas de 6º de infantil.
Recitámoslles un poema que xa coñeciamos de Gloria Sánchez titulado "Un soldado detrás dun fusil"


Tamén recitamos a segunda parte que foi unha poesía inventada por nós para falar co soldadiño.
 A poesía di así:

 Ven con nós soldadiño
 deixa as balas que fan tanto mal.
 Temos xogos divertidos...
 Queres con nós xogar?

15 de xan. de 2015

Os primeiros días de chuva

Todos os nenos e nenas
de 2º dámoslle a benvida ao 2º trimestre.

Había moitos días que non chovía. Pero o martes 13 de xaneiro foi o 1º día de 2015 que choveu. Hoxe é xoves 15 de xaneiro e temos borrasca. Desde a nosa aula vemos a chuva caer.






9 de xan. de 2015

Casas curiosas

Andivemos investiganto sobre  tipos de casas e atopamos casas moi curiosas, este foi o noso traballo:


8 de xan. de 2015

A festa de Nadal en 2º

O último día de clase do 1º trimestre toda a clase estaba moi nerviosa pola chegada das vacacións de Nadal. Tivemos clase normal ata as 11; pero, non parabamos de preguntar cando tomaríamos o colacao con churros e virían os Reis Magos (escolares) a visitarnos. Para preparar a merenda tivemos a axuda de 2 compañeiras e 1 compañeiro de 6º que organizaron toda a mesa ata que se foron á súa clase a tomar a súa merenda. Fixéronno moi ben, a profe tivo máis tempo para nós e mentres xogamos por toda a aula co material que case nunca nos dá tempo a usar.

 

12 de dec. de 2014

1º e 2º desexa un Bo Nadal!!!!

Os nenos e nenas de primeiro e segundo, pintaron unha postal de felicitación das festas.








8 de dec. de 2014

1º e 2º na Fundación Barrié

O martes 2 de decembro as clases  de 1º e 2º fomos de excursión a Vigo á Fundación Barrié. Antes merendamos e xogamos nun parque infantil moi grande e despois subimos polas rúas de Vigo ata o edificio da fundación.



As monitoras ensináronnos  as salas dedicadas á exposición " Os pláticos na vida cotiá " e faláronnos do uso do plástico. Tamén, nos convertemos en arqueólogas e arqueólogos do futuro observando e debuxando restos de plásticos recollidos na praia.






Na clase traballamos sobre o que nos contaron e vimos e puxémolo en papel.







30 de nov. de 2014

Como nacemos

Na clase de estudo de 2º, aprendemos como nacemos, qué comparten os papás e as mamás para teren fillos ou fillas, coñecemos distintos tipos de familias... Velaquí tedes o vídeo coa montaxe que fixemos coas nosas voces e debuxos. Esperamos que vos guste!

 

16 de nov. de 2014

O Samaín en 2º

En 2º estamos moi contentas e contentos coas cabazas adornadas.  

12 de nov. de 2014

2º e o día da ciencia

O 4 de novembro está dedicado a celebrar o día da ciencia e para celebralo as clases de 5º e de 6º fixeron experimentos que logo mostraron ao resto das clases. A nós e a 6º ensináronnos os seus as alumnas Henar, Aldara e Xoana. Baixamos á biblioteca e demostraron como pinchar un globo sen que estoupe, como conseguir que a pementa fuxa e como conseguir neve artificial. Estivemos todas e todos atentísimos porque foi moi interesante e porque o fixeron moi ben. As fotos serven de proba.








4 de nov. de 2014

Educación vial en E.F.

Os nenos e nenas de 6º de infantil e 1º de primaria aprenderon sobre os sinais de tráfico nunha sesión de E.F. Convertíronse en coches, motos, bicis.... Foi moi divertido.



3 de nov. de 2014

O RECREO CON CHUVA EN 2º

O luns 3 de novembro choveu  toda a mañá. Xa non pasamos calor na aula; pero, non puidemos saír ao patio porque a chuva e o  vento non pararon. A toda a clase lle encanta pasar o tempo de recreo xogando na aula. Aínda que a profe di que é mellor saír a airearnos, de vez en cando é divertido. A profe sacounos fotos.









As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas