Onte, a clase de 2º, estivemos experimentando cómo facer pirámides, prismas e cubos con palillos e plastilina.
Mirade que ben nos quedaron!
Onte, a clase de 2º, estivemos experimentando cómo facer pirámides, prismas e cubos con palillos e plastilina.
Mirade que ben nos quedaron!
Esta mañán , a clase de 2º, estivemos quitando as mala herbas da horta.
Deixamos limpiñas as leitugas.
Noe e Jaco, entrenadores e mestres do Club de Taekwondo HEBE, visitaron aos nenos e nenas de 1°, dentro do programa da Xunta “Coñece o meu clube”para ensiñarlles unha morea de cousas sobre este deporte.
Pasáronno Xenial!
Grasas Noe e Jaco por ensinarnos tanto.
O venres fomos de excursión para visitar o Mercado. Foi unha actividade organizada polo Concello dentro do programa Aprende Moaña. Ademais, xogamos no parque do barco pirata e merendamos por alí. Pasámolo moi ben!
Moito nos divertimos cos Osmo Coding e cos xogos de mesa nos que traballamos o pensamento computacional e a linguaxe de programación.
Na aula de 1º seguimos cos xogos que nos introducen á linguaxe de programación. Encántannos!
Ruth visitounos para facer un obradoiro de pan. Saíunos riquísimo e pasámolo moi ben preparándoo.
Un ano máis, o alumnado de 1º e 2º de primaria participou na plantación na horta escolar, dentro do programa Voz Natura. Plantaron as súas leitugas e agora toca regalas e esperar a que medren para recollelas.
Na sesión de hoxe traballamos co tradutor. Tiñan que colorear uns obxectos pero estaban escritos en idiomas que non eran o español, polo que tivemos que utilizar a aplicación tradutor para descubrir o significado das palabras.
Aprendemos a movernos pola táboa do 100 coñecendo veciños e amigos dos dintintos números aplicando o método ABN.
Os nenos e nenas traballamos a linguaxe de programación cos ratos robot. Aprendemos a colocar as tarxetas correctamente para, a continuación, meter os movementos nos ratos e levalos ao seu destino.
Esta mañán, a clase de segundo, estivemos prantando bulbos debaixo das escaleiras .
Cando medren quedará moi bonito.
Onte, na biblioteca, as clases de 1º e 2º puidemos asistir a unha charla sobre as abellas.
Dani contounos moitas cousas interesantes sobre a súa vida na colmea e sobre o seu comportamento.
Tamén puidemos probar un pouco de mel e de polen.
Moitas grazas, Dani
Con motivo do "Día da Danza" o colexio faremos unha danza conxunta.
O venres pasado comezamos o ensaio.
Manolo ensinounos pasos chulísimos e estivemos encantadas e encantados de practicalos.
Con motivo da celebración do "Día do Libro" o pasado venres puidemos ver unha obra titulada
"Casa, casiña, casona" da compañía de teatro "Trompa de Trapo".
Foi unha representación realmente bonita que nos fixo disfrutar moito.
Na clase de 2° estivemos xogando con diversos xogos, entre eles, varios sobre codificación, como o turttles, bits & bytes, Osmo coding.
Gustáronnos moito!
Na aula de 1º descubrimos o que é unha pirámide holográfica e cómo se utiliza. Proxectamos unha imaxe na pantalla (neste caso de Diodi) á que lle programamos movementos e puxemos disfraces a través da aplicación Scratch, para logo colocarlle a pirámide enriba e ver cómo a proxectaba en 3D no aire.
Encantounos!