16 de out. de 2015

Axudamos a coidar o noso entorno

Dende o equipo de Medio ambiente animamos a todos os nenos e nenas a facer aínda máis bonito o noso cole.

Na clase de valores o grupo de nenos e nenas de 2º aproveitamos para inventar a "canción da reciclaxe".
Deste xeito resulta máis doado lembrarnos de botar o lixo no seu lugar.






14 de out. de 2015

Un circuito en 1º

Os nenos e nenas de primeiro fixemos un súper circuíto en Educación Física montado por nós mesmos. Xa tiñamos ganas de facer un circuíto como os que faciamos en infantil!





11 de out. de 2015

2º investiga sobre os insectos

Naiara investigou sobre as xoaniñas e contounos que os seus ovos son de cor amarela.

Ademais de ser moi bonitas son moi útiles, pois aliméntanse dos pulgóns que estropean tanto as nosas plantas.

2º investiga os insectos

Iris trouxo á clase de segundo curso información sobre as formigas.

Poden ser de diferentes cores segundo a súa especie.

Coas súas antenas poden ulir e comunicarse e nun formiguero poden vivir varias raíñas, que son as encargadas de poñer os ovos.

Sabiades que as madíbulas das formigas son fortísimas?

9 de out. de 2015

2º investiga sobre os insectos

Aldara falounos sobre os grilos e as bolboretas.

Sabiades que os grilos que cantan son os machos para atraer as femias e que o fan frotando as ás?

Contounos moitas cousas máis, como que as ás das bolboretas están recubertas de escamas de moitas cores e as teñen cubertas por un po moi delicado.



6 de out. de 2015

2º investiga sobre os insectos.

Tras unha visita á biblioteca e despois de elixir os libros que máis nos interesaban, 

comezamos a investigar sobre os insectos.

 




5 de out. de 2015

Primeiro visita a 6º de Infantil e 2º de primaria

Ola a todos e todas!
Aquí vos deixamos cunhas cantas fotos do inicio de curso e dos nosos recunchos. Tamén aparece a nosa dragona ou dragón, Chiquitina ou Chiquitín  (pois aínda non sabemos se é macho ou femia) na visita aos compis de 6º de Infantil e 2º de primaria.
Saúdos.








De oca a oca e tiro porque me toca



O equipo quebracabezas

Chiquitin/a visitando as Bolboretas de 5 anos


Chiquitin/a saudando os compis de 2º


Buscando mundo..

Investigando arañas


Que bonitos son os dragóns de mar!


2º estuda os insectos


Na clase de 2º estamos estudando os insectos.

David troúxonos uns grilos e puidemos observar como son e o que comen.

2 de out. de 2015

Iván conta un conto aos seus compañeiros e compañeiras de 2º

O ratiño Pérez agasallou a Iván co conto " O Grúfalo" e el  estivo contándonolo na clase.


Que ben o fas, Iván!!

22 de set. de 2015

Benvidos/as ao novo curso!!

Despois dun longo veraá voltamos ao cole cargados e cargadas de enerxía!!

Ademáis deixamos o ciclo Infantil para empezar na Primaria con moito ánimo e cun novo profe, Juan.

Esperamos aprender moitas cousas e pasalo moi ben!!

Aquí vos deixamos algunhas fotos dos primeiros días.

Saúdos e ata pronto!!













Saúdo da clase de 2º

Ola familias, como estades?

Este curso xa estamos en segundo.

Cambiamos a unha clase  no piso de arriba, preciosa e chea de luz.

Empezamos con moita ilusión e moitas ganas de traballar.

As vacacións foron divertidas pero tamén é moi bonito voltar cos nosos compañeiros e compañeiras e gozar deste cole tan bonito que temos.

Moitos bicos e ata outro ratiño.

21 de xuño de 2015

O cacho de San Xoan en 2º

Despois de aprender a coñecer as herbas aromáticas decidimos facer o cacho de San Xoán para que toda a clase soubera o que era porque moitos non sabían del. A víspera de San Xoán (23 de xuño) métense en auga as plantas aromáticas que haxa cerca e déixanse toda a noite a coller o rocío para pola mañá lavar a cara coa mestura de aromas metida na auga. Nós fixémolo a víspera de fin de curso. Antes de marchar de excursión a Meira deixamos as plantas na auga: anís, herbaluisa, chopo, xeranio, herba de San Xoan, menta, herbalimona, lavanda e unha flor de gardenia adornando tanto verde. Cando chegamos a clase ao día seguinte cheiraba que daba gusto. Non paramos de mollar a cara e os brazos en toda a mañá porque como había tanta calor, refrescábanos!
O cacho ten diferentes nomes no resto de Galicia. Un dos nomes máis coñecidos é o de cacherela. A profe Adela é de Nigrán (preto de Vigo) e alí chámanlle auga de rosas e auga de San Xoan.

Aí van unhas fotos!










18 de xuño de 2015

Despedida de 2º

A clase de 2º quere despedirse do curso e comeza cunha fotografía no patio de Infantil tomada despois de ir á horta.




Estas son as frases que queremos poñer:  

"Foi moi divertido estar en 2º."
"Encantoume estar en 2º coas miñas compañeiras e compañeiros e coa profe María."
"Aprendemos moito máis do que cremos."
"Estudamos moito e é unha pena irse."
"Xa te estou botando de menos."
"Adeus 2º botareite moito de menos."

A profe María desexa que o pasedes moi ben no verán, que descansedes, que non vos poñades nerviosos polo novo curso e que non vos esquezades de ler todos os días un pouquiño e, por certo, lembrade o dito popular:
Para gustos píntanse colores.

Un saúdo
As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas